O xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo abarca os municipios de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro, e Vilasantar.

O xeodestino Ulla-Tambre-Madeo é atravesado polo Camiño Francés, que pasa por Melide, Arzúa e O Pino. En Melide únese o Camiño Primitivo tras pasar por Toques. En Arzúa o Camiño del Norte xúntase cos anteriores (tras cruzar Boimorto), talvez porque ninguén quere perder as delicias do queixo Arzúa-Ulloa

Patrimonio

Entre o patrimonio relixioso desta parte de Galicia pódese salientar entre outros as igrexas de Santa María e Sancti Spiritus en Melide, a de Santo Antolín en Toques, a de Santa María de Mezonzo en Vilasantar, ou a igrexa e as pinturas murais de Santa María de Boimorto. E Toques, a igrexa de Santo Antoniño tamén coas súas pinturas murais.

 Grazas ao Camiño de Santiago hai multitude elementos patrimoniais e históricos vinculados á ruta como é o caso dos fornos de cal da Castañeda en Arzúa, recollían as pequenas pedras que portaban os peregrinos durante a época de construción da basílica compostelá. Tamén en Arzúa a capela da Madalena que pertenceu a un convento do s. XIV para atender os peregrinos.
No municipio de Toques, por onde pasa o sendeiro PR-G 168, atopámonos co dolmen do Forno dos Mouros e no de Santiso, no PR-G 125, o pazo de Vilar de Ferreiros, con orixe no século XV.

Espazos naturais

En Ulla-Tambre-Mandeo podemos desfrutar de paraxes naturais no sistema fluvial Ulla-Deza (Touro); e os Lugares de Importancia Comunitaria do Río Tambre (O Pino) e da Serra do Careón (Melide, Santiso e Toques). Ata nove sendas homologadas percorren case todos estes municipios.

Festas e gastronomía

A D.O. Queixo de Arzúa-Ulloa prodúcese en todos os municipios deste xeodestino.

A Festa do Queixo de Arzúa chega xa a máis de 47 edicións. Outras festas de interese turístico vinculadas coa gastronomía son a Festa do Galo de Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino e a Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra en Melide. Durante o entroido, no termo municipal de Touro celébranse os vistosos atranques dos Xenerais da Ulla.
 
Arriba
Axúdanos a mellorar!