Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
A través da marca Enoturismo en Galicia, da que forman parte o Clúster Turismo de Galicia e as cinco Asociacións das Rutas dos Viños das Denominacións de Orixe galegas (Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras), enmárcase unha estratexia xeral de promoción que pretende incentivar o desenvolvemento do enoturismo na nosa comunidade autónoma. E é precisamente baixo este paraugas que Turismo de Galicia, en colaboración con estas cinco entidades impulsoras das Rutas dos Viños galegas, organiza, un ano máis, outra edición do Enoturismo en Galicia, Primavera de portas abertas.
En que consiste?
Trátase dun programa completo de actividades de enoturismo desenvolvido, de maneira conxunta e simultánea, nos cinco grandes territorios vitivinícolas galegos.
Durante cinco fins de semana entre os meses de maio e xuño poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da campaña*. Ao
finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras.
Tamén atoparás restaurantes onde poderás escoller menús concibidos especialmente para esta ocasión, harmonizados con viños da Denominación de Orixe na que te atopes.
En cada Ruta poderás encontrar, ademais, un plan especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.
*Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo co seguinte horario de atención ao público:
• Sábado: 11:00 h, 12:30 h e 17:00 h
• Domingo: 12:00 h
No Facebook de Turismo de Galicia realizaremos tres concursos por cada Ruta do Viño nos que sortearemos en total 15 premios consistentes nunha noite de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta.
Recoméndase confirmar as visitas ás adegas previamente por teléfono
Programa especial de Actividades na Ruta do Viño de Valdeorras
Do 3 ao 5 de maio
Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Rías Baixas
Do 10 ao 12 de maio
Programa especial de Actividades na Ruta do Viño do Ribeiro
Do 17 ao 19 de maio
Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Ribeira Sacra
Do 24 ao 26 de maio
Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Monterrei
Do 31 de maio ao 2 de xuño
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración