Experiencias en plena natureza

Camiñar polos Parques é a mellor forma para poder coñecelos. Descobre o pracer de perderte sabendo en todo momento cal é o teu destino. Cos paquetes turísticos faite protagonista da túa propia experiencia.

As Fragas do Eume, co bosque atlántico costeiro mellor conservado de Europa.

Enclavado no Macizo Central ourensán, O Invernadeiro ocupa 6.000 hectáreas nas que non existen asentamentos humanos na actualidade.

A Serra da Enciña da Lastra, unha paisaxe mediterránea en Galicia.

O Parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés e mais o Parque Nacional de Peneda-Gerês únense nos límites entre Portugal e Galicia, formando un espazo transfronteirizo único.

Declarado Parque Natural en 1979, o primeiro de Galicia, o Monte Aloia destaca polos 629 metros de altitude do Alto de San Xiao.

Cunhas dimensións espectaculares, a duna móbil, que se atopa detrás da praia da Ladeira, é a gran protagonista do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Arriba
Axúdanos a mellorar!