Conta a tradición que o cultivo da vide en Rías Baixas débese aos monxes do mosteiro cisterciense de Armenteira (Meis), aínda que a ciencia revélanos que a viticultura xa existía moito antes da chegada dos monxes e que variedades como o Albariño son orixinarias desta zona.

Ruta do Viño Rías Baixas
Rúa Príncipe, 10, Pazo Torrado
36630 Cambados (Pontevedra)
Tel: 986 091 088 / 687 523 230
www.rutadelvinoriasbaixas.com
info@rutadelvinoriasbaixas.com

Estes territorios teñen en común un rico patrimonio vinícola que xera viños de excelente calidade, pero ao mesmo tempo cada un ofrece personalidades diferentes que se ven reflectidas en diferentes paisaxes e numerosos recursos histórico-artísticos.

Produción, historia e variedades

Hoxe en día as Rías Baixas acollen a maior Denominación de Orixe galega, tanto polo número de adegas como pola extensión en viñedos, os cales se estenden por 33 concellos da metade occidental de Galicia. Así, a Denominación de Orixe Rías Baixas está composta por 5 subzonas (O Rosal, Condado de Tea, Soutomaior, Val do Salnés e Ribeira do Ulla) que integran un territorio discontinúo que, desde o límite sur da provincia de Pontevedra, vai salpicando de viñedos a franxa atlántica de Galicia ata alcanzar a parte meridional da provincia da Coruña.

Os viños da D.O. Rías Baixas caracterízanse por estar elaborados con uvas autóctonas, principalmente brancas, tendo como gran protagonista a variedade Albariño que acapara aproximadamente o 95% da produción. Outras variedades preferentes son Loureira branca ou Marqués, Caiño branco e Treixadura, para as brancas, e Caiño tinto, Espadeiro, Loureira tinta e Sousón, no caso das tintas.

A personalidade única das súas variedades e viños son consecuencia das peculiaridades do seu territorio, o seu clima, as súas xentes e a súa cultura. Unha terra chea de matices que poderás descubrir percorrendo a Ruta do Viño Rías Baixas, unha das primeiras Rutas do Viño de España.

JSON Ipecos Portlet non está dispoñible temporalmente
Arriba
Axúdanos a mellorar!