mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PARADOR DE SANTO ESTEVO&body=Recoméndoche que leas a información PARADOR DE SANTO ESTEVO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/31285/parador-de-santo-estevo?langId=gl_ES%26ctre=129%26tp=22
Este mosteiro benedictino, situado en pleno centro da Ribeira Sacra, espazo natural de orixinal beleza onde conflúen os ríos Miño e Sil é un dos centros monásticos de Galicia e hoxe en día un dos seus referentes turísticos. A existencia do mosteiro está probada no século X, se ben a súa orixe parece remitirse aos séculos VI e VII. Neste mosteiroaltérnanse estilos dende o Románico ao Barroco e cabe suliñar os tres claustros (románico, gótico e renacentista). O edificio foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1923.
O Hotel conta cun total de 77 habitacións, distribuidas ao longo de tres claustros de estilos e épocas distintas. Destacan as habitacións por ser todas diferentes,e algunhas delas, con vistas impresionantes sobre a paisaxe dos Canóns do río Sil.
O Hotel dispón de restaurante con terraza ao lado do bosque de castaños, cafetería con terraza no claustro da portería, salóns e preciosos xardíns.