Historias do Condado

A principios de maio

IVE
Transporte
Seguro de viaxe

A zona do Condado presenta unha gran cantidade de recursos que paga a pena coñecer, unha gran variedade de paisaxes verdes que visitar e tamén rica en viños. Neste circuíto turístico dámosche a posibilidade de coñecelo con todos os seus puntos especiais.

Programa Completo

DÍA 1 - ORIXE - SALVATERRA DE MIÑO

O punto de encontro estaría no parque Canuda, que é o segundo parque máis grande do mundo e presenta unha gran variedade de especies e fauna. Despois, dirixirémonos á súa gran muralla e ao castelo de Doña Urraca, que se atopa dentro do Museo Ecolóxico do Viño do Condado, onde explicarán a súa orixe e desenvolvemento, ao final poderemos degustar os seus viños con unha degustación de produtos gastronómicos da zona.
Pola noite, o aloxamento sería no Hotel de Mondariz Balneario que ten instalacións óptimas para o seu descanso ou opcións similares.

DÍA 2 - PONTEAREAS

Pola mañá, o almorzo incluiríase no aloxamento. Máis tarde visitariamos o castelo de Villasobroso, construído en 1117 e habitado por Doña Urraca e a súa irmá. A continuación, visitariamos o Castro de Troña onde coñeceremos como vivían os nosos devanceiros e veremos o seu destacado petroglifo en forma de serpe. Por último, visitaremos o convento de Canedo, que foi onde naceu unha das meninas do famoso cadro Las Meninas de Diego Velázquez.
Pola tarde, visitaremos o monte da Picaraña e desde a súa parte máis alta gozaremos dunha vista panorámica de Ponteareas e veremos a súa excepcional capela, tamén ten merendeiros. Máis tarde, visitaremos a Pedra do Equilibrio e a Pedra dos Amantes e sentirémonos impresionados ao decatarnos de que a gravidade da natureza é incrible, no último descubriremos a súa lenda e poderemos realizar o seu rito. Para rematar, visitaremos as instalacións da Adega Ruben onde explicarán a súa elaboración e gozaremos do seu viño Vila do Corpus cunha degustación de produtos locais.
Pola noite descansaría no aloxamento contratado.

DÍA 3 - MONDARIZ BALNEARIO - ORIXE

Pola mañá, o almorzo incluiríase no aloxamento. Despois camiñaremos polo camiño do río Tea, que é plano e sinxelo de facer e ten paisaxes excepcionais e á súa chegada visitaremos a fonte da Gándara que presenta augas mineromedicinais.
Pola tarde, visitaremos o Palacio da Auga no Mondariz Balneario, ideal para relaxarse. Ao final, cada un regresará ao seu lugar de orixe.

Condicións específicas

Este percorrido tería lugar os fins de semana e se hai algún problema cos días ou co itinerario pódense modificar sen problemas.

Servizos incluídos

-Desayuno e aloxamento no hotel solicitado.
-Tren Turístico de Salvaterra
-Transporte entre recursos
-Guía local
-Seguro

Servizos non incluídos

Transporte desde e cara ao lugar de orixe

Servizos non incluídos

Transporte desde e cara ao lugar de orixe

Arriba
Axúdanos a mellorar!