SANTA MARÍA DE SOBRADO DOS MONXES

Relixioso
13446
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Porta (San Pedro)

Lugar: Sobrado

Praza del Portal 2

15813  Sobrado - A Coruña

Coordenadas:
43º 02' 19.0" N - 8º 01' 20.9" W
+34 981 787 509

Descrición

Grande complexo que alcanzou o seu apoxeo nos s. XV e XVI. Abandonado no século pasado, foi novamente ocupado e restaurado dende finais dos anos 50. A igrexa actual é Barroca, do S XVII .Destacan as capelas da Madalena e a do Rosario, e a sancristía Renacentista (obra de Juan de Herrera). Os tres claustros, o da hospedaxe, o das procesións e o grande, a sala capitular, a súa espectacular cociña e o comedor, completan as principais estanzas.

Acceso

Desde A Coruña salir na Autovía A6 na saída de Montesalgueiro dirección Guitiriz. Na poboación de A Castellana tomar a desvío á dereita dirección Sobrado / Teixeiro. Seguir durante 19 km.
Desde Lugo tomar dirección Friol e xa en Friol seguir dirección Sobrado durante 21 km.
Desde Santiago tomar dirección Arzúa, xa en Arzúa tomar dirección A Coruña. No cruce de As Corredoiras seguir recto durante 9 km.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Fitos do Camiño

No século X os condes de Présaras fundan nestas terras un cenobio dúplice familiar. Esta pequena comunidade intégrase no Císter no século XII por decisión de Afonso VII, gran defensor desta orde. Posteriormente pasa a formar parte da Cuadraxésima Congregación de Castela, e convértese nunha comunidade moi activa. No século XIX a Desamortización supón o abandono e a deterioración da edificación, pero grazas á compra do inmoble polo cardeal Payá evítase a súa destrución. Xa na década de 1950 recibirá unha nova comunidade relixiosa, esta vez da Orde beneditina, e será restaurado parcialmente. Na actualidade a Xunta de Galicia favoreceu outro importante labor de rehabilitación, cuxo obxectivo é a igrexa e outras dependencias monacais.

Logo do florecemento medieval, Sobrado vive unha ampla época de esplendor entre os séculos XV e XVIII, o que tamén provocou a perda de boa parte da fábrica románica para se adaptar á estética imperante en cada momento. O refectorio, a cociña e a capela de San Xoán, apegada ao brazo norte do cruceiro, son parte dos poucos espazos conservados de época medieval. O conxunto conta ademais con tres claustros: o chamado claustro Grande, iniciado no XVI e finalizado no XVIII; o da Hospedería ou tamén coñecido como o dos Peregrinos, levantado no século XVI; e o claustro das Procesións ou das Caras, pola decoración con  medallóns con bustos de distintos personaxes. Este último é obra do XVI e XVIII, aséntase sobre o orixinal claustro cisterciense e está comunicado coas dependencias que se conservan do mosteiro medieval antes citadas.

A igrexa do cenobio transfórmase a partir do século XVII para se converter nunha construción barroca. Presenta planta de cruz latina e tres naves no corpo principal, a central, de maior proporción. O deseño da fachada é obra de Pedro de Monteagudo. Destacan no seu interior as capelas da Madalena e do Rosario, así como a sancristía renacentista.

Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1931 e en 2015; ao formar parte do Camiño Norte, recibe tamén a declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Estilos

Barroco
Renacentista
Románico

Orden Relixiosa

Cistercienses

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!