BELÉN ARTESANAL EN MOVEMENTO

Festas de interese turístico
2718
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 03/12 - 09/01

Localización

Parroquia: Campaña (Santa Cristina)

Valga - Pontevedra

Coordenadas:
42º 42' 18.4" N - 8º 40' 21.1" W
986 55 94 56
630 95 25 15

Descrición

O Belén Artesanal en Movemento de Valga é unha das composicións do Nadal máis espectaculares de Galicia, non só polas súas dimensións, xa que non se limita a recoller escenas típicas da tradición relixiosa, senón que incorpora tamén elementos da actualidade.
Desde 1995 é un dos acontecementos sociais e culturais máis importantes e esperados do ano, e non só para os veciños de Valga, senón tamén para miles de persoas que se trasladan desde diferentes puntos de Galicia para admirar de preto as figuras talladas a man que representan todo tipo de motivos do Nadal, pero tamén aspectos relacionados coa actividade e a actualidade en Valga e en toda España. É posible grazas ao esforzo e dedicación dun grupo de veciños a través da Asociación Cultural de Amigos do Belén de Valga, arroupados polo concello.
As escenas que se representan non son as típicas dun deserto e camelos, que tamén os hai, senón que tamén se pode ver como se realiza a tradicional matanza do porco ou como unha señora moxe unha vaca, entre moitas das escenas da Galicia rural que se poden contemplar, nunha paisaxe con distintos microclimas dentro dun espazo de enormes dimensións. Está considerado como o belén artesanal en movemento máis grande de Galicia e un dos máis importantes de España. Consta aproximadamente de algo máis de 3.000 pezas, estando moitas delas en movemento.
Xunto ás escenas relixiosas clásicas como os Magos de Oriente e o nacemento do Neno, aparecen outras que fan referencia a tarefas tradicionais do rural galego (a matanza do porco, o ferreiro, a colleita do trigo, elaboración de viño e de bagazo, a Santa Compaña,...) e escenas locais da zona (distintas procesións que se celebran ao longo do ano no municipio, a Festa da Mocidade, a fábrica de ladrillos que hai xusto á beira de onde se sitúa o belén). Entre as figuras atópanse personaxes ilustres do municipio de Valga (A Bela Otero e Xesús Ferro Couselo) como de Galicia (Rosalía de Castro, Castelao, Camilo José Cela,...).
A actualidade social e política tamén ten cabida: a voda da Duquesa de Alba os xogadores da selección nacional de fútbol, os debates electorais,...
As figuras e decorados están feitos de papel, escaiola, pasta de modelar, arame, madeira, pedra,... sendo o traballo completamente artesanal. No belén todo é artesanal e a maioría das veces reciclado. Como por exemplo os motores que moven as figuras que son motores usados de limpaparabrisas, cepillos de dentes eléctricos,... Esta tradición artesanal non es incompatible coas novas tecnoloxías, xa que a través dun ordenador e un programador simulan as distintas fases do día así como outros efectos (luz, son, neve, tronos,..).

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Outras características

Outras
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!