FERVENZAS DE RAXOI E PARAFITA

Fervenzas
353
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Valga | Valga

Coordenadas:
42º 40' 59.0" N - 8º 37' 35.7" W

Descrición

Para chegar a estas fervenzas colleremos a N-550 dende Valga en dirección a Caldas de Reis e, ao chegar ao lugar do Pino, tomaremos o desvío á esquerda cara ao lugar de Raxoi.

A partir de aquí atoparemos  xa indicacións cara as fervenzas de Raxoi e os muíños de Parafita. Unha vez que cheguemos ao inicio da ruta deberemos deixar o noso vehículo e continuar a pé. Camiñaremos durante uns 500 m entre un mesto bosque de ribeira para baixar ata o río, xunto ao que atoparemos un muíño restaurado e unha pasarela de madeira que nos permitirá percorrer comodamente esta paraxe fluvial.

Remontando o río Valga que, neste punto, forma varios rápidos, chegaremos á primeira fervenza que cae dende 10m de altura formando unha piscina natural. Xunto a ese primeiro salto de auga hai unhas escaleiras que deberemos subir para chegar á segunda fervenza, duns 6m de altura.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!