ALECRÍN ACTIVIDADES Y AVENTURA

Empresas de actividades deportivas
610
No Camiño de Santiago

Localización

Travesía Currás 34

36214  Vigo - Pontevedra

Descrición

Realizamos diferentes actividades, en pleno contacto coa natureza e coñecéndoa, para gozala mentres descubrimos todos os segredos e valoramos o patrimonio natural, cultural, etnográfico ou inmaterial.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Válida ata 31/12/2024
Coñece o Parque Nacional

Maxestuoso, espectacular, incrible…

Deixarate sen palabras.

Non o visites…. Coñéceo, enténdeo, descúbreo…Víveo!!

O único Parque Nacional de Galicia, a máxima figura de protección medioambiental. Moito máis que praias!!

Ven coñecer tódolos seus segredos da man dun guía acreditado e experto na materia.

Non deixes ningún dos seus arquipélagos esquecidos: Cíes, Ons, Sálvora ou Cortegada, todos eles te sorprenderán.

Válida ata 31/12/2024
Kaiak en San Simón
Vamos remando en kaiak a San Simón!!
Queres descubrir un lugar impresionante da forma máis entretida posible?
Acompáñanos a través das augas da enseada de San Simón ata a illa do mesmo nome, coñecida como “A illa da memoria” e desembarca para coñecela por dentro.
Un lugar cargado de sorpresas.
Desde épocas prehistóricas foi utilizada con diferentes fins: retiro, lazareto, cárcere para presos políticos, orfanato…
Aínda non a coñeces? Non a podes perder. Embárcate connosco nunha viaxe única, onde coñecerás unha batea de mexillón, o monumento a Jules Verne, a illa de San Simón, remarás, rirás, mollaraste e gozarás na mellor compañía e coa máxima seguridade.
Saída desde Cesantes (Redondela). Apto para nenos a partir de 6 anos, sempre acompañados de adultos.

A visita inclúe:
-Kaiak autovaciable
-Pala e chaleco
-Monitor de kaiak e guía especializado da illa
-Visita á illa de San Simón
-Seguros necesarios
-Grupo reducido para aportar maior calidade á visita
Prezos tempada alta (16 Xuño – 18 setembro):
  35 €/adulto
  25€/nen@s ata 15 anos
Prezos tempada baixa:
  30 €/adulto
  20€/nen@s ata 15 anos

Arriba
Axúdanos a mellorar!