CRUCEIRO ILLA DO RATO

Etnográfico
1004
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Oeste (Santa Baia)

Lugar: O Progreso

36612  Catoira - Pontevedra

Coordenadas:
42º 40' 43.1" N - 8º 43' 35.0" W

Descrición

Doado pola Dirección Xeral de Belas Artes. Cruceiro de tipo “de crucifixo”, sen base e cun pedestal cúbico achafranado. O fuste empeza cuadrangular para pasar a ser octogonal, diminuíndo a súa sección ata o capitel. Pola metade presenta unha figura de Santiago Apóstolo. O orixinal capitel con formas oblongas no que resaltan 4 cruces de Santiago, unha en cada cara. A peza está coroada polas imaxes da virxe e cristo crucificado. Indica a ruta fluvial do Camiño de Santiago.

Acceso

Atópase no medio do río Ulla. Pode admirarse desde terra na ribeira rianxeira ou desde as Torres de Oeste.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Máis información

Arriba
Axúdanos a mellorar!