Pechar
Fervenzas de Galicia
~ Poema visual ~
Play

Fervenzas de Galicia, poema visual

Ferve a auga erguendo escumas brancas.
 

En Galicia a auga non é un ben escaso, pero si é un ben prezado. Un territorio delimitado polo  oceáno Atlántico polo seu lado oeste e polo mar Cantábrico na súa vertente norte, é a porta de entrada a frecuentes frontes tormentosas que o regan con abundancia. Na súa orografía crebada, as mainas costas conviven con altas montañas que superan os dous mil metros de altitude. Os seus ríos, regatos, torrentes e mananciais atopan no seu percorrido frecuentes dificultades que furan ou salvan creando espectaculares cadoiros de auga.

A distinta dureza dos materiais xeolóxicos, as rupturas abruptas provocadas polas fallas e o efecto dunha paseniña erosión sobre os leitos fluviais conforman atractivas paisaxes dominadas pola presenza da auga. A numerosa existencia de fervenzas en Galicia ponse de manifesto nas ducias de palabras galegas que temos para denominalas: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, cadoiros, saltos, cachóns, callóns, cachoeiras, abanqueiros, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, caeiras, pincheiras, seimeiras, ...

Resulta difícil determinar o número exacto de pincheiras que agocha o noso patrimonio natural. Arroios, torrentes, regatos e afluentes abrázanse e escorregan por Galicia en centenares de fervenzas.

Nesta guía recollemos unha escolma das que consideramos máis salientables, clasificadas en trece grupos segundo a característica que mellor as define: a súa altura, o seu abondoso caudal, a formación de pozas, de escorregadoiros...

As seguintes páxinas convidan a mergullarse nun poema sensorial de extraordinaria beleza, no que a brevidade dos textos cede todo o protagonismo ás fotografías.

Pero non só se trata da potencia visual destes escenarios naturais, senón tamén dos seus sons, os seus xogos de luces e sombras, a humidade permanente e a vexetación que se acubilla nestas contornas. Todo iso converte ás fervenzas en lugares máxicos onde experimentar unha especial conexión coa natureza.

A sedución está garantida.

Queremos agradecer a Carlos Frade a súa colaboración na elaboración deste inventario e a cesión de información recollida no seu blog fervenzasdegalicia.blogspot.com.
Altas e elegantes
~ Altas e elegantes ~
"O que tan alto mira, baixo se queda"
Play
Auga abondo
~ Auga abondo ~
"Cando o río soa, auga leva"
Play
Cadoiros verticais
~ Cadoiros verticais ~
"O que máis alto se quer ver, cae máis axiña do que quer"
Play
Cola de cabalo
~ Cola de cabalo ~
"Auga de abril, vale cabalos mil"
Play
A máis galega
~ A máis galega ~
"X: vixésima cuarta letra do alfabeto galego"
Play
Entre bosques
~ Entre bosques ~
"Mesta carballeira, a auga peneira"
Play
Entre corgas
~ Entre corgas ~
"Quen de pedra fai fariña, non compra leira nin viña"
Play
Augas bailadeiras
~ Augas bailadeiras ~
"Baila e bebe que a vida é breve"
Play
Para os máis afoutos
~ Para os máis afoutos ~
"Dos moitos e dos poucos, veñan os afoutos"
Play
Pequenas pero xeitosas
~ Pequenas pero xeitosas ~
"Viño, da cuba grande e caldo, da pota pequena"
Play
Pozas mergulleiras
~ Pozas mergulleiras ~
"Tanto dá a auga na pedra que a quebra"
Play
Pozas escorregadeiras
~ Laxes escorregadeiras ~
"Auga mol en pedra dura, pouquiño a pouco fura"
Play
Fontes rebuldeiras
~ Fontes rebuldeiras ~
"Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes"
Play
Arriba
Axúdanos a mellorar!