Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é a ruta de peregrinación máis antiga de Europa e a máis concorrida. Propoñémosvos sete experiencias diferentes e únicas polos sete itinerarios históricos que conforman o Camiño.

Atravesaremos pequenas aldeas de montaña, poboacións cargadas de historia, vilas mariñeiras. No noso percorrido degustaremos a mellor gastronomía de Galicia acompañada dos seus excelentes viños, relaxarémonos nas augas termais, pasearemos por extensas e salvaxes praias e asistiremos a curiosos fenómenos que nos brinda a natureza.

En Santiago aguardarannos agradables sorpresas. Na Praza do Obradoiro sentirémos marabillados pola fascinante fachada da catedral. No seu interior descubriremos os seus tesouros ocultos e cumpriremos con todos os ritos; dende os seus tellados teremos a cidade ao alcance da nosa man. Percorreremos o seu casco histórico, iremos de tapas e de viños poas suás rúas máis emblemáticas. Perderémonos entre os olores e sabores do Mercado de Abastos e descubriremos os encantadores espazos naturais que agacha Compostela.
 

Arriba
Axúdanos a mellorar!