No s. XIX chegou o eucalipto a Europa, concretamente a Galicia, cando un relixioso galego trouxo as súas sementes desde as afastadas terras australianas onde fora misioneiro. E esta especie adaptouse tan ben ao noso clima que se foi estendendo masivamente pola nosa xeografía.

No souto da Retorta, tamén coñecido como eucaliptal de Chavín, preto da vila de Viveiro, atópanse algúns dos exemplares de maior altura e envergadura do continente, como o famoso “avó”, plantado arredor do 1880, con máis de 67 m de altura e 10,5 m de perímetro. No noso paseo por este bosque de xigantes poderemos admirar as colosais dimensións destes eucaliptos avós e xogar a abrazar os seus troncos formando unha cadea de brazos unidos.

Ruta do Souto da Retorta
Punto de inicioTipo de rutaKmDuración estimadaDificultade en progresiónDificultade en orientación
Calvoso (Viveiro)Lineal2 (ida e volta)1 h.BaixaMedia
PERFIL: Todos os públicos

Todo está preparado para facer máis sinxela a visita a este Monumento Natural, souto da Retorta ou Eucaliptal de Chavín. Trátase dun sinxelo paseo que serpea entre o río Landro e a canle de desaugue da presa situada augas arriba.

Nun quilómetro de sinxelo camiñar coñeceredes os avós de todos os eucaliptos que hoxe se expanden pola franxa costeira de Galicia.

O itinerario comeza no lugar de Calvoso e finaliza onde se encontra o eucalipto máis grande, o denominado "O Avó" (o avó). O regreso faise seguindo o mesmo sendeiro en sentido contrario.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!