IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DO CAMPO

Relixioso
1425
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Lugar: Ribadeo

Rúa San Francisco

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 08.0" N - 7º 02' 26.9" W

Descrición

Igrexa parroquial que dende 1835 leva a advocación de Sta. Mª del Campo, tras ser abandonada polos franciscanos. De fábrica de cachotaría e cadeirado granítico, consta de nave central cuberta de bóveda sinxela de nervios, capela maior, dúas capelas absidais e outras laterais. Frontis con porta gótica do s. XIV con catro columnitas e capiteis de decoración vexetal, grande ventanal da mesma época con decoración de puntas de diamante e dous columnitas con capiteis de decoración vexetal, e esvelta torre-campanario no centro de estilo neogótico. Ao lado esquerdo hai unha portada gótica moi semellante á principal con decoración angulosa e vexetal nos dous capiteis dos seus columnitas. Do interior destacan os arcos románicos que dan acceso á Sala capitular antiga dende o claustro e dous retablos barrocos do s. XVIII.

Nel tamén se poden atopar os escudos de armas de importantes familias fidalgas de Ribadeo.

Acceso

Está na zona urbana de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!