EDIFICIO PARA JESÚS CRESPO FILGUEIRA

Civil
1029
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Urzaiz 48

36204  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 02.0" N - 8º 42' 56.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1938 polo arquitecto Francisco Castro Represas. As obras de cantería foron feitas polo mestre canteiro Ángel García Martínez empregando o granito branco da serra de Castrelos e un acabado final de pulido. O máis destacable é a utilización de balcóns redondeados seguindo a forma do chafrán tamén redondeado nas primeiras plantas e que nas dúas últimas se fai poligonal elevándose sobre a liña da cornixa. A porta de acceso enmárcase nunha superficie acanalada verticalmente nos laterais e horizontalmente no lintel. As ventás enmárcanse tamén ente piares cilíndricos constituíndo a única decoración en todo o edificio.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!