CASA PEDRO ROMÁN

Civil
1152
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Joaquín Yánez 6

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 18.9" N - 8º 43' 30.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1889 por Jenaro de la Fuente Domínguez. Hoxe é a Biblioteca Central, pero anteriormente foi un edificio comercial e tamén albergou o casino vigués. Consta dun semisoto e tres plantas cunha fachada simétrica con moitos vans pareados, simplemente separados por delgadas pilastras acanaladas. A fachada principal ten arcos escárzanos, pilastras acanaladas sobre plintos, arquitrabes, frisos con denticulados e cornixas cunha afiligranada decoración. A fachada lateral, en cambio, é maciza e sen ornamentación.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!