SANTO ESTEVO DE ATÁN

Relixioso
3214
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Atán (Santo Estevo)

Lugar: Prado

27419  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 02.0" N - 7º 42' 11.9" W

Descrición

As primeiras referencias de asentamentos eremitas nestas terras apuntan á época sueva, aínda que non sería ata os séculos XII-XIII cando se construíu esta igrexa románica, como parte dun mosteiro hoxe inexistente. En épocas posteriores realizáronse diversas obras de reforma. Na actualidade, este templo está restaurado e consolidado.
A igrexa de Santo Estevo de Atán conta cunha soa nave, con cuberta a dúas augas. A ábsida, rectangular, está cerrada por unha bóveda de canón. En diversos puntos dos seus muros pódense distinguir inscricións e marcas, presumiblemente realizadas polos canteiros que traballaron na súa construción. A porta oeste, máis ampla que a norte, componse de tres pares de columnas que sosteñen arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre un tímpano liso. Outro elemento de interese é a decoración do beirado. Tamén prestaremos atención ás tres ventás de primitiva estética que se atopan no arco de acceso á ábsida (unha) e nos muros da reitoral (as outras dúas).

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a N-120a en dirección a Ourense. A 8 km tórcese á dereita e a uns escasos 2 km está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!