IGREXA DE SAN XOÁN DE VILANOVA

Relixioso
1699
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilanova (San Xoán)

Rúa A Cruz s/n

15630  Miño - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 43.9" N - 8º 12' 05.0" W

Descrición

Interesante igrexa románica no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). De estilo románico galego do século XI (1040), na súa planta rectangular desenvolve unha soa nave rematada nunha ábsida semicircular. O interior é moi sobrio e os seus muros presentan cantería irregular. Destaca a pila bautismal, de características románicas. O exterior concentra a decoración na fachada principal, que foi remodelada no século XVIII segundo canons barrocos. Sobresae a espadaña de dous corpos, o primeiro composta por tres machóns que dan lugar aos ocos onde se colocan as campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos.

Acceso

Dende Miño, tomar a estrada da costa en dirección Perbes ata a rotonda con Pontedeume-Campolongo, aquí xirar á dereita, continuar ata o desvío Fondal-Apeadero, seguir por este desvío e a pouca distancia atopa a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba