PR-G 93 RUTA RIBEIRA DO ULLA

Sendeirismo
3976

Localización

Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 26.4" N - 8º 19' 31.6" W
42º 49' 28.3" N - 8º 16' 20.8" W

Descrición

Esta rota, no concello coruñés de Touro, ten no río Ulla o seu principal protagonista. Dende a Ponte Basebe ata San Pedro deRibeira é, sen dúbida, o seu carácter medioambiental o que marca a rota: sendas de pescadores, camiños de carro, grandes fragas, tupidas carballeiras, agachadas fervenzas e a importante paraxe natural coñecida como o Pozo do Pego.

Dende Ponte Basebe, baixando xunto á marxe dereita do Ulla, os bosques de ribeira, os restos dos muíños e as abandonadas ouriceiras aproxímannos, en medio dunha fermosa paraxe natural, ata a Fervenza do Inferniño e os Muíños de Quintas, para descubrir preto do camiño as ruínas do Pazo de San Cristovo. A rota goza da vaira do Pozo do Pego antes de rematar na estrada a San Pedro de Ribeira.

Sempre hai que ir atentos para descubrir as perdidas ouriceiras. Son construcións moi primitivas, xeralmente feitas a xeito de pequenos muros de pedras formando un círculo, que se situaban nos soutos para recoller e almacenar os ourizos das castañas, co fin de protexer o froito dos porcos bravos.

Acceso

Pola N-547 ata o km 78 en O Empalme, desviarse pola AC-0605 e logo pola AC-6602 ata chegar a Fonte Díaz. Seguir ata o cruce e A Igrexa e seguir de fronte cara a Ponte Basebe ou xirar á dereita cara a San Pedro de Ribeira, lugares de inicio e fin do sendeiro.

Un plus

A CASTAÑA

A castaña foi, durante séculos, unha das bases da alimentación galega, ata ser substituída polo millo e a pataca vidos de América. O seu cultivo estivo estendido por todo o territorio e aínda é posible atopar enormes soutos cultivados nas terras do interior. É un alimento moi nutritivo, rico en proteínas, vitaminas e sales minerais, dotado dun agradable sabor. Hoxe en Galicia segue sendo venerado coa celebración da popular festa do magosto, onde se xuntan a castaña, o lume e o viño novo. Pero este froito galego tamén é moi valorado noutros países destinándose á fabricación de produtos delicatessen e exportándose a países coma Francia, Suíza e mesmo Xapón.

Lonxitude

12,8 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Cruce estrada San Pedro de Ribeira - UTM:29T X:555250 Y: 4743570
Punto de partida: Ponte Basebe - UTM: 29T X:559590 Y:4741800

Percorrido

Ponte Basebe, Carballeira de Basebe, Fervenza do Inferniño, Finca do Retorno, Carballeira do Pego, Pozo do Pego, estrada de San Pedro de Ribeira.

Dificultade

Media

Duración

4 horas.

Conexións

Co PR-G 121.

Material

Calzado deportivo cómodo, auga, comida e indumentaria deportiva.

Servizos

En Fonte Díaz.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

No 95-IV Touro; 121-II Carbia

Máis información

Concello de Touro
Tel. 981 504 000
correo@concellodetouro.gal
www.concellodetouro.com

Federación Galega de Montañismo.
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!