CASA GÓTICA

Civil
1322
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa San Miguel dos Agros 4

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 55.9" N - 8º 32' 33.9" W

Descrición

Edificio con trazos construtivos do s. XIV, sendo posiblemente a Casa do rei Pedro I, aínda que tamén se relaciona con Fernando de Castro, representante de dito rei en Galicia. Sofre importantes alteracións nos ss. XVIII e XIX, polo que é difícil precisar qué elementos son da época medieval. Formaría parte dun conxunto maior que ocuparía toda a fronte da rúa de San Miguel, con dous corpos de torre nos extremos. Un deles sería a actual Casa Gótica. A fachada, en cadeirado de granito, ten na súa parte baixa unha porta e unha ventá con arcos apuntados. O corpo superior, separado por unha cornixa, ten unha ventá xeminada con arcos de ferradura baixo un arco apuntado decorado. A cuberta está sostida por canzorros decorados. Na década dos anos 50, a causa do seu estado ruinoso, acométese a súa restauración, remodelándose a fachada, a cuberta e a escaleira barroca do seu interior. No 1974 amplíase o complexo ao construírse un patio interior axardinado. Desde 1951 é a sede do Museo das Peregriacións.
Non visitable. Edificio administrativo do Museo das Peregrinacións.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!