20 Mar 2024

DISCO DURO VIRTUAL CON GOOGLE DRIVE (1 HORA)

31 December 2024

DISCO DURO VIRTUAL CON GOOGLE DRIVE (1 HORA)

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Aproveita ao máximo as vantaxes e funcionalidades do disco duro virtual de Google Drive. Este servizo gratuíto de Google permíteche almacenar ata 15GB de calquera tipo de arquivo e traballar de forma colaborativa co teu equipo e outros colaboradores.
Ademais da versión gratuíta, Google tamén ofrece a versión Business con 15GB de espazo e a versión Enterprise, que é ilimitada.
 
É a solución ideal para traballar en equipo, compartir arquivos e traballar tanto en liña como sen conexión. Tamén se integra coa suite de ofimática de Google e moitas outras aplicacións baseadas na nube. Mesmo podes instalar unha aplicación no teu escritorio que che permite traballar nos documentos da nube sen ocupar espazo no teu disco duro.
 
Non perdas tempo e aproveita todo o que Google Drive ten para ofrecer.

DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

RELATOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.


INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba