|
Cargando ...
|
|
|
Fotografías |
|
|
|
| Descrición |
|
"Fidalgo e soñador", Cambados mira
a ría de Arousa, formada polo río Ulla
e a desembocadura do Umia que crea
a Comarca do Salnés. Ría de
sorprendentes solpores. Terras
poetizadas por Ramón Cabanillas,
paisaxe caracterizada por eses
emparrados altos nos que maduran
as uvas do albariño ou de espadeiro,
viños tan celebrados.
Grandes e pétreos pazos, que
tiveron a súa orixe en torres, abren
as súas solainas a auténticos
paraísos. Premia Cambados os seus
viños o primeiro domingo de
agosto, nunha minuciosa cata que
reúne a expertos gastrónomos. É
tempo de celebrar as excelencias
do mar e da terra no mesmísimo
corazón das Rías Baixas.
|
|
|
|
|
| Datas de celebración: |
Xullo
Agosto
28/07/2010 - 01/08/2010
|
|