galego    español    português    english    français    deutsch    italiano    català    euskera
Cargando ...
Galicia
 
Descubra
flechaOnde aloxarse
flechaOnde comer
flechaQue visitar
 flechaPatrimonio natural
 flechaPatrimonio cultural
  Arquitectura relixiosa
  Arquitectura civil
  Conxuntos histórico-artístico
  Arquitectura popular
  Arquitectura actual
  Centros históricos
  Arquivos e bibliotecas
  Museos
  Parques etnográficos
  Centros de interpretación
  Outros espazos
flechaQue facer
flechaOnde informarse
flechaTransporte
flechaServizos turísticos
flechaOutros datos de interese
flechaDescargas
Reservas - Turismo Rural
flechaOfertas
flechaSector turístico
flechaEnlaces de interese
flechaEmpresa
Localizar no mapa
Síguenos en:   Síguenos en : Facebook
Buscar
Bookmark and Share Formatear documento para impresión
Zona antiga de Baiona
Conxunto histórico - artístico
Anterior Seguinte
Localización
Provincia: PONTEVEDRA | Comarca: VIGO | Concello: BAIONA | Parroquia: Baiona (Santa María) | Lugar: Baiona | C.P.: 36300
Fotografías
Descrición
Conxunto histórico de cascos urbanos declarados como tal.

Baiona é sinónimo de bo porto, o primeiro en moitos momentos da historia, e lección en terra firme de que o mar sempre foi ao longo do tempo o camiño dos descubrimentos. O exemplo de luxo de Baiona é a Festa da Arribada, o primeiro de marzo, conmemorativa da chegada da carabela Pinta a este porto coa primeira noticia da xesta colombina.
Da importancia estratéxica desta praza dá fe a listaxe dos seus asaltos e asedios, dende os normandos, Almanzor, os turcos, Drake... Proporcionalmente en contra de tanta cobiza ergueuse unha poderosa fortaleza para defendela.
O Castelo de Monte Real, alzado sobre o Monte do Boi, conserva un pouco menos de tres quilómetros de murallas co camiño de ronda. A amplitude do recinto permite a existencia de xardíns arborados. O edificio central, que pertencía á antiga residencia do gobernador, é na actualidade Parador de Turismo. Da edificación orixinal tamén se manteñen tres torreóns: á entrada, a Torre do Reloxo; cara á baía, a Torre da Tenaza, e cara ao mar, a do Príncipe con forma de Torre da Homenaxe.
No casco vello ademais da súa beleza sustentada en boas mostras de caseróns señoriais, cómpre mencionarmos a Colexiata de Santa María, que gardaba nos muros unha colección de cruceiros. Pero sen dúbida é á entrada da vila onde se sitúa un dos cruceiros máis reseñables: o Cruceiro da Trinidade. Presenta trazas de estilo oxival e está abrigado por un baldaquino de pedra.
principais monumentos
Colexiata de Santa María Estilo: Románico oxival Datación: s. XIII
Cruceiro da Trinidade Estilo: Oxival Datación: s. XV
Fortaleza de Monterreal Datación: s. XI, XVI
Distancia a lugares relevantes
Estación de autobuses: 21 | Estación de tren: 21 | Aeroporto: 25 | A Coruña: 176 | Santiago: 114 | Ferrol: 209 | Lugo: 212 | Ourense: 117 | Pontevedra: 55 | Vigo: 21

Logo Turgalicia © - 2010 - Turgalicia. Teléfono: +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax: +34 981 542 659 - e-mail: cir.turgalicia@xunta.es
Política de privacidade.