|
Interese naturalista
Esta fermosa ruta discorre pola marxe dereita do río Ulla, en sentido descendente, aproveitando camiños de paso, sendas de pescadores e sendeiros xa marcados.
Desde San Xoán da Cova, aos pés do impresionante desfiladeiro esteticamente salvado polo viaduto do tren, a senda alcanza rapidamente A Ponte Ulla con interesantes construcións no seu pequeno núcleo urbano.
Máis adiante, merece a pena desviarse
para coñecer o pazo de Ortigueira en Santa Cruz, fundado no S. XVI polos Mondragón
e un dos máis interesantes na área de influencia de Santiago de Compostela. Este pazo barroco destaca polos amplos xardíns e árbores centenarias que embelecen o terreo, onde o gran político Jovellanos redactou o Memorial en defensa da Junta Central.
Na parroquia de San Miguel de Sarandón, encontrámonos cunha área recreativa e centro de estudos piscícolas, así como un fermoso pazo, todo no lugar de Ximonde.
Deixando atrás a área recreativa de Cubelas e os muíños de Pastel, a ruta termina á beira do río Ulla.
|
|
| Un Plus... |
|
“Capilla, jardín, palomar y ciprés, pazo es”. Esta frase e outras semellantes definen unha das arquitecturas máis interesantes
do rural galego.A palabra pazo (de Palatium) identifica dunha forma xenérica as casas patruciais con signos heráldicos e con proporcións e niveis de confort notablemente superiores aos habituais na zona rural. Hoxe, o termo comprende desde as luxosas mansións
campestres de carácter palaciano ata edificios máis rústicos, pero non por iso carentes de valor, onde vivía a pequena
fidalguía galega. Tamén se fala de pazos urbanos.Historicamente, a orixe da arquitectura pacega está nos castelos
e fortalezas medievais, adoptando multitude de tipoloxías
construtivas ao longo da historia. Son máis de 700 en toda Galicia e gran parte deles reconvertéronse durante estes últimos años en aloxamentos de turismo rural ou pequenos museos que nos remiten a outros tempos.
|
|
|
| Accesos |
| Na Ponte Ulla, localidade situada na N-525 de Santiago a Ourense, desviarse pola estrada AC-240 ata o lugar de San Xoán da Cova. |
|
|
| Punto de partida / chegada |
|
San Xoán da Cova - UTM:29T X:549680 Y:4737265 Área recreativa de Cubelas na parroquia de Trobe - UTM:29T X:543270 Y:4732860
|
|
|
| Percorrido |
|
San Xoán da Cova, A Ponte Ulla, área recreativa de Agronovo, Ximonde
e área recreativa de Cubelas.
|
|
|
| Material |
|
Levar a comida necesaria.
|
|
|
| Servizos |
|
Na Ponte Ulla. Diferentes áreas recreativas ao longo do itinerario.
|
|
|
| M.I.D.E. |
|
Medio
|
|
|
Itinerario
|
|
|
Desprazamento
|
|
|
Esforzo
|
|
|
|
| Acceso en bicicleta |
|
Non apto
|
|
|
| Cartografía I.G.N. (1:25.000)
|
|
Nº 121-I Vedra; nº 121-III A Estrada
|
|
|
| Máis información |
|
Casa do Concello de Vedra
Av. Maestro M. Gómez. 1. 15885 Vedra
Tel.: 981 814 692 / Fax: 981 503 331
|
|