|
Arquitectura tradicional / etnografía e arqueolóxico
O camiño segue na súa maior parte por antigas calzadas empedradas e camiños rurais. A riqueza da vexetación é extraordinaria: bosques de ribeira e algúns bosquetes caducifolios autóctonos. Son frecuentes os carballos, castiñeiros, bidueiros e piñeiros, así como zonas de vexetación densa (fieitos, enredadeiras, carriza...) nas beiras do río Lérez e doutros pequenos regatos. Tamén abundan os elementos arquitectónicos:
cruceiros, pazos, hórreos. Unha das maiores concentracións de gravados rupestres de Galicia ou petróglifos encóntrase no val do Lérez como son "Outeiro do Cuco" na baixada da carballeira de San Xusto e, sobre todo, no tramo que vai desde Outeiro da Moa ata Fentáns.
Antes de chegar a Cernadelo sae unha derivación en dirección a Sta. María de Sacos que se achega
ata os petróglifos de "Outeiro do Lombo da Costa" e "A Laxe das Rodas".
A igrexa de San Xurxo de Sacos ofrece a particularidade do espesor dos seus muros xa que, segundo a tradición local, un carro do país podería rodar sen problema pola súa parte superior. Tamén son interesantes as capelas de Fentáns e a de carballeira de San Xusto. Nesta parroquia pódese contemplar dúas construcións singulares: unha ponte de cantería e arco de medio punto levantado no S. XVIII e o pazo Bermúdez de Castro.
Ao longo do percorrido pásase por oito muíños, catro deles en Baños de San Xusto, dous en San Xurxo, un en Cutián e o "Muíño do Medo" ao final dunha pequena derivación antes de Ponte Nova.
|
|
| Un Plus... |
|
Esta terra foi un berce de canteiros de sona, oficio artesanal representativo da provincia de Pontevedra.
O canteiro da pedra enriqueceu a Galicia rural con miles de traballos que ás veces rozan a obra de arte. Moitos, moitos anos antes, antepasados remotos destes canteiros xa realizaran sorprendentes gravados sobre a pedra en forma de petróglifos.
|
|
|
| Accesos |
| No termo municipal de Cotobade. Saír de Pontevedra pola N-541 e despois de 18 km, desviarse en San Xurxo de Sacos ata a carballeira de San Xusto. Tamén pola PO-231 ata Cutián ou pola PO-230 ata Fentáns. |
|
|
(14,3 km a ruta principal e 1,5 km a derivación de ida e volta).
|
|
|
| Punto de partida / chegada |
|
Carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacos (Cotobade) - UTM: 29T X:540375 Y:4707525
|
|
|
| Percorrido |
|
Carballeira de San Xusto, Baños de San Xusto, Ponte Nova, Fentáns, Ponte Nova, Cutián, Fontán, San Xurxo de Sacos e carballeira de San Xusto. Existe unha variante en Baños de San Xusto, á beira do río Lérez, cando o río leva pouco caudal. Hai unha derivación desde Cernadelo ata o petróglifo da Laxe das Rodas.
|
|
|
| Servizos |
|
Restauración en San Xurxo de Sacos e Cerdedo. Aloxamentos de Turismo Rural en varias aldeas da zona.
|
|
|
| M.I.D.E. |
|
Medio
|
|
|
Itinerario
|
|
|
Desprazamento
|
|
|
Esforzo
|
|
|
|
| Acceso en bicicleta |
|
Non apto
|
|
|
| Cartografía I.G.N. (1:25.000)
|
|
Cartografía I.G.N. 1:25.000
|
|
|
| Máis información |
|
Casa do Concello de Cotobade
Rúa Chan, 11. Carballedo. 36856 Cotobade
Tel.: 986 760 001 / Fax: 986 760 130
e-mail: cotobade@concellos.depontevedra.es
|
|