galego    español    português    english    français    deutsch    italiano    català    euskera
Cargando ...
Galicia
 
Descubra
flechaOnde aloxarse
flechaOnde comer
flechaQue visitar
flechaQue facer
 Axenda Cultural
 flechaRutas turísticas
 flechaCompras e artesanía
 flechaActividades e deportes
  Empresas de turismo activo
  Turismo deportivo
  Coutos de pesca
  Campos de golf
  Inst. náutico deportivas
  Sendeirismo
 flechaFestas e ocio
 Turismo idiomático
 Turismo Mariñeiro
flechaOnde informarse
flechaTransporte
flechaServizos turísticos
flechaOutros datos de interese
flechaDescargas
Reservas - Turismo Rural
flechaOfertas
flechaSector turístico
flechaEnlaces de interese
flechaEmpresa
Localizar no mapa
Síguenos en:   Síguenos en : Facebook
Buscar
Bookmark and Share Formatear documento para impresión
PR-G20 Circular de Cuntis
Sendeiros
Seguinte
Esta información corresponde a un labor de recollida de datos realizado no mes de Marzo 2009
Fotografías
 



Interese xeral
Sendeiro que nos levará desde o val á montaña, ofrecendo amplas e pintorescas vistas coma as de Catadoira e Camiño Ferrón.

Aínda se conservan camiños enlousados en pedra onde as pegadas e marcas do tránsito dos carros fálannos da súa antigüidade. O tramo de entrada e saída en Vilar de Mato da testemuño de como eran as vías de comunicación nun pasado relativamente recente.

A auga é outro elemento presente ao longo do camiño. O río Gallo coas súas pozas e fervenzas é unha agradable sorpresa que se aparece nas curvas do camiño. O río Umia amósanos a súa forza e bravura no tramo do Pontón a Ponte Sampaio.

Pintorescas aldeas como Cequeril, O Pazo, Fontecoba, Rogadío,... brindan ao paso do camiñante un mosaico contrastado de cores.

Un Plus...
Un plus    O topónimo Caldelas xunto co de Caldas son os máis usuais en Galicia para designar os lugares que posúen fontes termais. A Comunidade Galega é un dos territorios europeos con maior concentración de fontes e balnearios; máis de 100 mananciais con augas de gran valor terapéutico. Unha terra con abundantes recursos termais e unha ampla oferta en hoteis dunha a cinco estrelas que invitan ao descanso.
Accesos
Cuntis é unha importante vila termal situada na N-640 da Estrada a Caldas de Reis.
Lonxitude
25 Km.
Punto de partida / chegada

Cuntis. - UTM: 29T X:536370 Y: 4720270
Cuntis - UTM: 29T X:535650 Y: 4720185

Percorrido
Cuntis, Mesego, Vilar de Mato, Cequeril, Fontecova e Cuntis.
Dificultade
Media
Duración
8horas.
Conexións
Co GR 94 e o PR-G 21.
Material
Sendeiro longo, levar comida e calzado cómodo.
Servizos
Cuntis e algunha outra poboación ó longo do percorrido.
M.I.D.E.
Medio Medio Medio1
Itinerario Itinerario Itinerario2
Desprazamento Desprazamento Desprazamento2
Esforzo Esforzo Esforzo4
Acceso en bicicleta
Apto totalmente
Acceso a cabalo
Apto totalmente
Cartografía I.G.N. (1:25.000)
Cartografía I.G.N. 1:25.000 Nº 152-II Caldas de Reis e 153-I Codeseda
Máis información
Más información OMIX Cuntis.
Praza da Constitución, 4. 36670 Cuntis.
Tel.: 986 533 600 / Fax: 986 533 995
e-mail: omixcuntis@teleline.es
www.concellodecuntis.com

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia
Rúa Brasil, 46. 36204 Vigo.
Tel.: 986 420 551 / Fax: 986 420 557
e-mail: info@trevinca.net
www.trevinca.net


Introdución | Sinalización de sendeiros | Paso a paso | M.I.D.E. | Aloxamentos

Logo Turgalicia © - 2010 - Turgalicia. Teléfono: +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax: +34 981 542 659 - e-mail: cir.turgalicia@xunta.es
Política de privacidade.