|
Interese paisaxístico
O sendeiro GR 94, situado no sudoeste galaico, é unha vía que comunica o mar e a montaña en dirección
Sur-Norte.
A ruta en Vigo achégase a dous promontorios coñecidos
polas súas vistas panorámicas: A Madroa sobre a Ría de Vigo e o Castro de Negros sobre o val do río Maceiras, Reondela e a enseada de S. Simón. O primeiro fito no camiño constitúeo o Castelo de Soutomaior, fortaleza medieval nun harmónico contorno.
Deixando atrás a igrexa de Rial e a ponte de Comboa
sobre o río Verduxo e tras un pequeno desvío, o camiño sorpréndenos coa ponte de Almofrei e o seu extraordinario emprazamento. Aquí, o río baixa formando profundas pozas nunha zona de rochas e grandes desniveis.
A arquitectura rural fai acto de presenza
nos hórreos de Rascaderia, na antiga feira de Cuspedriños e no complexo igrexa-reitoral de Cequeril. As milenarias e simbólicas carballeiras achegan a súa beleza á senda en San Xusto. Os petróglifos son testemuño dun pasado afastado que o camiñante
deberá localizar en Paredes.
Esta ruta tamén podería coñecerse como Sendeiro das Pontes polos numerosos ríos que atravesa. Habería que destacar a ponte romana do Lérez,
dun só ollo, alto e esvelto e, nun estilo totalmente diferente, a ponte colgante do couto salmoneiro e área recreativa do Xirimbao, á beiras do río Ulla.
|
|
| Un Plus... |
|
Os petróglifos consisten en gravados rupestres ao aire libre realizados durante a idade de bronce. Estas orixinais manifestacións da plástica primitiva en Galicia teñen maior presenza na provincia de Pontevedra. Entre os motivos xeométricos máis repetidos encóntranse cazoletas, combinacións circulares, labirintos, espirais, etc. Tamén aparecen diferentes tipos de armas, así como figuras antropomorfas e zoomorfas (cervos, cabalos e serpes).
|
|
|
| Accesos |
| A Madroa é un dos famosos miradoiros de Vigo. En Santiago de Compostela iníciase no barrio de Conxo. |
|
|
| Punto de partida / chegada |
|
A Madroa, Teis (Vigo) Teis - UTM:29T X:526310 Y:4678150 Barrio de Conxo (Santiago de Compostela) - UTM:29T X:536340 Y: 4748570
|
|
|
| Percorrido |
|
Vigo, Soutomaior, Campo Lameiro, Cequeril, Luou y Santiago de Compostela.
|
|
|
| Conexións
|
|
Cos GR 53, 58 e cos PR-G 20 Y 29
|
|
|
| Material |
|
Se se pensa facelo dun "tirón", aconséllase levar abundante material de abrigo e comida suficiente.
|
|
|
| Servizos |
|
En Vigo, Redondela, Soutomaior,Vilarchán, Xesteira, Sacos, Cimadevila, Cequiril, Sebil, Cuntis, Portela, Vea, Luou y Solláns.
|
|
|
| M.I.D.E. |
|
Medio
|
|
|
Itinerario
|
|
|
Desprazamento
|
|
|
Esforzo
|
|
|
|
| Acceso en bicicleta |
|
Apto parcialmente
|
|
|
| Acceso a cabalo |
|
Apto parcialmente
|
|
|
| Cartografía I.G.N. (1:25.000)
|
|
Nº 94-IV Santiago de Compostela, 120-II Extramundi de Abaixo, 120-IV Padrón, 152-II Caldas de Reis,
|
|
|
| Máis información |
|
Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia
www.trevinca.es
Rúa Brasil, 46. 36204 Vigo
Tel.: 986 420 551 / Fax: 986 420 557
e-mail: info@trevinca.es
|
|