galego    español    português    english    français    deutsch    italiano    català    euskera
Cargando ...
Galicia
 
Descubra
flechaOnde aloxarse
flechaOnde comer
flechaQue visitar
 flechaPatrimonio natural
  Espazos naturais
  Rías e praias
  Áreas de recreo e
miradoiros
  Xardíns e parques
 flechaPatrimonio cultural
flechaQue facer
flechaOnde informarse
flechaTransporte
flechaServizos turísticos
flechaOutros datos de interese
flechaDescargas
Reservas - Turismo Rural
flechaOfertas
flechaSector turístico
flechaEnlaces de interese
flechaEmpresa
Localizar no mapa
Síguenos en:   Síguenos en : Facebook
Buscar
Bookmark and Share Formatear documento para impresión
Parque do Pasatempo
Parque
Seguinte
Camiño de Santiago
Esta información corresponde a un labor de recollida de datos realizado no mes de Febreiro 2005
Localización
Provincia: A CORUÑA | Comarca: BETANZOS | Concello: BETANZOS | Rúa: Fraga Iribarne | C.P.: 15300
Fotografías
Acceso
Ás aforas de Betanzos.
Descrición
Obra de indianos ricos, os irmáns García Naveira, o parque betanceiro é un curioso exemplo do intento de esconxurar con obras benéficas as dificultades no acceso aos servizos sanitarios, educativos e culturais na terra natal. Por separado estes emigrantes retornados da Arxentina sufragaron a creación das Escolas Municipais, un Sanatorio, a Casa do Pobo, un refuxio para nenos e entre os dous mantiveron o padroado Benéfico-Docente que constaba dun asilo e dunha escola. Pero o Pasatempo é a obra que colocou esteticamente a vila medieval no século XX aínda que caera na fachenda kitsch xa perdoada pola historia. A definición que mellor lle acae é a de parque enciclopédico con fins didácticos, achegada por outro fillo da emigración arxentina, Luís Seoane.
Situado ás aforas de Betanzos, dos 90.000 m2 con que contaba orixinalmente o xardín e o Pasatempo propiamente dito consérvanse unha décima parte trala longa ruína após a guerra civil. Comezou a execución no ano 1893 e deu traballo a uns douscentos empregados nunha época de forte recesión económica que só abría as portas a máis emigración. Ademais o pago das entradas ía destinado ao asilo, e tiña especialmente abertas as portas aos escolares. Era un museo lúdico ao aire libre de coñecementos variados mediante a representación das novidades tecnolóxicas do momento e dun mundo que coas posibilidades das viaxes comezaba a se facer pequeno.
A lista do que aínda podemos ver na sección coñecida popularmente como as covas fala por si mesma da súa miscelánea reprodución en cemento, un material absolutamente novidoso daquela. Comezamos polo que máis chama a atención que é, ademais das grutas e pasadizos subterráneos, o estanque do Retiro. Seguimos polos murais policromados onde se reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o funicular, mapas da canle de Suéz, un buzo escafandrista, a pirámide de Keops no testemuño dunha viaxe por Exipto, o mural España monárquica e as súas 18 Fillas Republicanas, homenaxe a Arxentina, os reloxos cos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía, animais exóticos como un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león... E no nivel superior, en fase de rehabilitación pero cunha espléndidas vistas, situábase o xardín botánico con especies dos cinco continentes.
O novo Pasatempo, que ocupa o nivel inferior do cal apenas se puido recuperar nada, é un parque moderno que serve de agradable espazo de lecer non exento totalmente de atractivos como o labirinto de tuias, o auditorio ao aire libre, recinto infantil... O proxecto de unilo mediante unha pasarela co centro da cidade quedou inconcluso e deberá ser abordado con novas fórmulas que escorrenten as silveiras do pasado.

SUPERFICIE: Recinto histórico, 1 ha.

HORARIOS: Luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:30 h.
Fin de semana, ata as 21:00 h.
Recinto histórico, só fin de semana: de 16:00 a 20:30 h.
Entrada: Libre.

DECLARACIÓN: Ben de Interese Cultural (BIC), Xardín Histórico, 1981.

SERVIZOS: Xardín enciclopédico (covas, estanque, murais, botánico, miradoiro).
Novo Pasatempo: Auditorio ao aire libre, estanque e paxareiras, reloxos de sol, bebedeiros, mesas, labirinto de tuias, pagode. Zona de xogos infantís.

Logo Turgalicia © - 2010 - Turgalicia. Teléfono: +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax: +34 981 542 659 - e-mail: cir.turgalicia@xunta.es
Política de privacidade.