galego    español    português    english    français    deutsch    italiano    català    euskera
Cargando ...
Galicia
 
Descubra
flechaOnde aloxarse
flechaOnde comer
flechaQue visitar
flechaQue facer
 Axenda Cultural
 flechaRutas turísticas
 flechaCompras e artesanía
 flechaActividades e deportes
  Empresas de turismo activo
  Turismo deportivo
  Coutos de pesca
  Campos de golf
  Inst. náutico deportivas
  Sendeirismo
 flechaFestas e ocio
 Turismo idiomático
 Turismo Mariñeiro
flechaOnde informarse
flechaTransporte
flechaServizos turísticos
flechaOutros datos de interese
flechaDescargas
Reservas - Turismo Rural
flechaOfertas
flechaSector turístico
flechaEnlaces de interese
flechaEmpresa
Localizar no mapa
Síguenos en:   Síguenos en : Facebook
Buscar
Bookmark and Share Formatear documento para impresión
GR 58 Sendeiro das Greas
Sendeiros
Esta información corresponde a un labor de recollida de datos realizado no mes de Marzo 2009
Fotografías
 



Interese xeral / paisaxístico
O máis longo dos sendeiros de Gran Percorrido en Galicia discorre por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Son moi numerosos os atractivos ambientais, atravesando paraxes de gran beleza onde non faltan bos exemplos de arquitectura popular como os muíños da Devesa, carballeira de Barragán, fraga e ribeiras de Couñago, foxo de lobos (antiga trampa para cazar estes animais), bosque das ribeiras do río Borbén, o río Zamáns e os muíños das Maquías, marismas do Miñor, a costa acantilada de Baiona, a fraga de Oliveira.... Sen esquecerse de importantes construcións que axudan a interpretar a cultura destas terras, como o conxunto megalítico de Monte Penide e a mámoa do Rei, o castro de Chandebrito, o castelo de Soutomaior ou edificios de singular factura como os pazos de Pegullal, Aballe e Picoña, no municipio de Salceda de Caselas.

Os miradoiros desta rota descobren os mellores recunchos do sur da provincia de Pontevedra. Seguindo o sentido das agullas do reloxo atopámonos coa enseada de San Simón, o canón do río Oitavén, o val do río Borbén, enseada de Baiona e a península de Monteferro coas illas Cíes como pano de fondo, pertencentes ao novo Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas.

As montañas manifestan a súa presenza nas serras do Suído, O Galiñeiro e A Groba como silenciosos vixilantes do camiño.

Accesos
Por autoestrada ata o aeroporto de Vigo ou numerosos accesos ó longo do percorrido.
Lonxitude
247 Km.
O sendeiro principal ten 206 km e as variantes GR 58.1, 58.2, 58.3 e 58.4 esténdense por 0,9, 4,2, 20,4 e 15,5 km de lonxitude respectivamente.
Punto de partida / chegada

Vigo, nun punto próximo ao aeroporto e ao Recinto Feiral.
Baiona - UTM:29T X: 512160 Y: 4663340
Confurco - UTM:29T X:534940 Y:4669400
Soutomaior - UTM:29T X:535655 Y:4687750
Peinador - UTM:29T X:530240 Y:4674845

Percorrido
Atravesa os termos municipais de Vigo, Reondela, Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, O Porriño, Gondomar, Baiona, Nigrán e Vigo.
Dificultade
Media
Duración
70horas.
Conexións
Cos PR-G 1, 2, 5, 9, 26, 67 e cos GR 53 e 94.
Material
Se se pretende realizar tramos longos, recoméndase ir ben equipado: bo calzado, botas de montaña, mochila, roupa de abrigo, alimentos enerxéticos e, aínda que a auga é abundante ao longo do itinerario, a cantimplora sempre chea.
Servizos
En numerosas poboacións próximas ao sendeiro.
M.I.D.E.
Medio Medio Medio1
Itinerario Itinerario Itinerario2
Desprazamento Desprazamento Desprazamento2
Esforzo Esforzo Esforzo5
Acceso en bicicleta
Apto parcialmente
Acceso a cabalo
Apto parcialmente
Cartografía I.G.N. (1:25.000)
Cartografía I.G.N. 1:25.000 Nº 185-IV Soutomaior, 186-III Ponte-Caldelas, 223-II Redondela, 223-III Vigo, 223-IV Mos, 224-I Barc
Máis información
Más información Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía da Hispanidade, 17. 36203 Vigo Federación Galega de Montañismo Edificio das Federacións Deportivas Galegas Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, of. 10. 36209 Vigo Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407 e-mail: info@fgmontanismo.com www.fgmontanismo.com


Introdución | Sinalización de sendeiros | Paso a paso | M.I.D.E. | Aloxamentos

Logo Turgalicia © - 2010 - Turgalicia. Teléfono: +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax: +34 981 542 659 - e-mail: cir.turgalicia@xunta.es
Política de privacidade.