galego    español    português    english    français    deutsch    italiano    català    euskera
Cargando ...
Galicia
 
Descubra
flechaOnde aloxarse
flechaOnde comer
flechaQue visitar
flechaQue facer
 Axenda Cultural
 flechaRutas turísticas
 flechaCompras e artesanía
 flechaActividades e deportes
  Empresas de turismo activo
  Turismo deportivo
  Coutos de pesca
  Campos de golf
  Inst. náutico deportivas
  Sendeirismo
 flechaFestas e ocio
 Turismo idiomático
 Turismo Mariñeiro
flechaOnde informarse
flechaTransporte
flechaServizos turísticos
flechaOutros datos de interese
flechaDescargas
Reservas - Turismo Rural
flechaOfertas
flechaSector turístico
flechaEnlaces de interese
flechaEmpresa
Localizar no mapa
Síguenos en:   Síguenos en : Facebook
Buscar
Bookmark and Share Formatear documento para impresión
GR 53 Panorámico de Vigo
Sendeiros
Seguinte
Esta información corresponde a un labor de recollida de datos realizado no mes de Marzo 2009
Fotografías
 

Interese paisaxístico
Este itinerario bordea os límites do municipio vigués pola súa vertente montañosa, ofrecendo vistas sorprendentes sobre a cidade e a súa ría.
É un percorrido deseñado para achegar a xente desta grande urbe ao medio natural que se estende a poucos metros das súas casas. Localizáronse unha serie de parques forestais en parroquias do Concello de Vigo que, provistos de todo o necesario para o esparexemento e o descanso, determinan o masivo éxito deste sendeiro durante a fin de semana.
Pero tamén hai lugar para a Historia: os petróglifos de Fragoselo, os dolmens da zona do Mercantil e os restos da antiga muralla defensiva do monte O Galiñeiro.
Arquitectura rural en Chandebrito e Fraga, o fermoso emprazamento do muíño das Maquías no río Zamáns, bosques autóctonos e todo este contorno natural lonxe do ruído da cidade, convérteno nun sendeiro moi atractivo e transitado.

Accesos
En bus urbano chégase a Saiáns, A Garrida, Universidade, Rebullón, aeroporto e A Madroa. En Saiáns parte da igrexa de San Xurxo. Na Madroa parte fronte ao zoolóxico.
Lonxitude
58,2 Km.
O sendeiro principal ten 39,9 km e as variantes GR 53.1 e 53.2 esténdese por 8,1 e 10,2 km de lonxitude respectivamente.
Punto de partida / chegada

Saiáns (Vigo) - UTM:29T X:516240 Y:4668600
Madroa (Vigo) - UTM:29T X:526830 Y:4677640

Percorrido
Saiáns, A Garrida, Puxeiros e A Madroa.
Dificultade
Media
Duración
19horas.
Conexións
Cos PR-G 1, 5, 9 e cos GR 58 e 94.
Material
Se a intención é facer todo o sendeiro nunha fin de semana, será necesario levar suficiente equipo. A auga é bastante frecuente ó longo do percorrido.
Servizos
Aprovisionamento nos núcleos de poboación que circundan Vigo.
M.I.D.E.
Medio Medio Medio1
Itinerario Itinerario Itinerario2
Desprazamento Desprazamento Desprazamento2
Esforzo Esforzo Esforzo5
Acceso en bicicleta
Apto parcialmente
Acceso a cabalo
Apto totalmente
Cartografía I.G.N. (1:25.000)
Cartografía I.G.N. 1:25.000 Nº 223-II Redondela, 223-III Vigo,223-IV Mos, 261-I Baiona e 261-II O Porriño.
Máis información
Más información Federación Galega de Montañismo Edificio das Federacións Deportivas Galegas. Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17,of. 10. 36209 Vigo Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
e-mail: info@fgmontanismo.com
www.fgmontanismo.com


Introdución | Sinalización de sendeiros | Paso a paso | M.I.D.E. | Aloxamentos

Logo Turgalicia © - 2010 - Turgalicia. Teléfono: +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax: +34 981 542 659 - e-mail: cir.turgalicia@xunta.es
Política de privacidade.