Situado á beira norte da catedral, no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos (s. XVII), consta de tres plantas. Na planta baixa atópase unha pequena sala con cerámica e outra na que se expoñen imaxes e obxectos da Confraría de San Telmo, así como unha ampla sección de pezas arqueolóxicas entre as que é de salientar un casco celta de bronce do século IV a. de C. No primeiro andar, exponse unha colección de petos e relevos de Ánimas, unha sala de ourivería, marfís, teas litúrxicas, cálices e cruces parroquiais e unha sección de imaxes. No segundo andar, dedicado fundamentalmente a pinacoteca, cómpre salientar os famosos sambenitos (únicos coñecidos ata agora en España), onde, en diversas teas, constan os nomes dos herexes procesados ante o Tribunal da Inquisición (s. XVII).
XUÑO - 15 OUTUBRO: Luns - Domingo de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 h
SEMANA SANTA - MAIO: Venres, sábado, domingo e festivos de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 h.
|