O interior da Catedral de Tui, de estilo románico-gótico, acolle un interesante museo formado polas pezas que compoñen o Tesouro Catedralicio. Cetros procesionais, cálices, ornamentos sagrados e numerosas imaxes entre as que destaca a da Virxe co Neno. No claustro, obra mestra de estilo gótico, expóñense obxectos procedentes de escavacións arqueolóxicas: pezas do antigo coro gótico, sartegos medievais, lápidas visigóticas, as antigas reixas da catedral e os antigos escudos da porta de acceso a Tui. Pódese visitar a Torre da homenaxe, desde onde se obtén unha espectacular panorámica do Miño, da cidade e de Portugal.
OUTUBRO - ABRIL: Luns - Domingo de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 h
MAIO - SETEMBRO: Luns - Domingo de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
|