|
Viana foi fundada segundo a tradición, polos emigrados da guerra de Troya no ano 1119 a.d.C. Os primeiros poboadores asentáronse nun castro, situado no lugar que hoxe ocupa a vila. Algúns relaciónana coa cidade romana de "Forum Bibalorum" e coa tribo celta dos Bíbalos. Na Idade Media construíuse un castelo, en torno ao cal xira o devir histórico da vila. No 1180, chegou Fernando II reconstruíu a fortaleza e repoboou a vila. No sXV, tras numerosos enfrontamentos, tivo que ser reconstruída e durante as guerras carlistas foi de novo escenario de enfrontamentos. No centro da vila atópase a praza maior, cos seus soportais, casas blasonadas, edificios barrocos con balconadas e nobres galerías acritalar. Unha fonte conmemorativa da execución dos dirixentes dun dos alzamentos liberais, coroa o conxunto. Malia as vicisitudes da historia, en Viana, as poderosas fórmulas da súa arquitectura prevaleceron ao longo dos anos.
|