|
O balneario consiste en dúas casetas independentes, recentemente renovadas, onde se sitúan os baños; non obstante existen varios mananciais exteriores que manan auga de distintas características. Tamén hai unha pequena piscina de auga termal e unha área de descanso. A temperatura da auga rolda os 36 graos; son augas sulfurosas e ferruxinosas.
|