|
Cargando ...
|
|
|
| Acceso |
No núcleo urbano.
Accesibilidade ás inmediacións: coche, autobús.
Accesibilidade ao recurso: peonil.
|
|
|
| Descrición |
|
Estilo modernista. Edificio de 1913, remodelado en 1984, de cemento e cristal. Planta rectangular, alongada, con dous corpos de altura. Accédese á planta baixa por unha escaleira exterior colocada na parte central do edificio. Posúe un interior espazoso dividido por unha escaleira helicoidal de madeira que conduce ás distintas salas. A fachada está pintada de cor branca co cristal das ventás escurecido e decorado por forxados, e divididas por columnas que no piso superior rematan en pináculos. A decoración é de estilo modernista por todo o perímetro (formas humanas, vexetais, volutas baixo cornixas). Está emprazado nos céntricos xardíns de Méndez Núñez.
|
|
|
|