galego    español    português    english    français    deutsch    italiano    català    euskera
Cargando ...
Galicia
 
Descubra
flechaOnde aloxarse
flechaOnde comer
flechaQue visitar
 flechaPatrimonio natural
 flechaPatrimonio cultural
  Arquitectura relixiosa
  Arquitectura civil
  Conxuntos histórico-artístico
  Arquitectura popular
  Arquitectura actual
  Centros históricos
  Arquivos e bibliotecas
  Museos
  Parques etnográficos
  Centros de interpretación
  Outros espazos
flechaQue facer
flechaOnde informarse
flechaTransporte
flechaServizos turísticos
flechaOutros datos de interese
flechaDescargas
Reservas - Turismo Rural
flechaOfertas
flechaSector turístico
flechaEnlaces de interese
flechaEmpresa
Localizar no mapa
Síguenos en:   Síguenos en : Facebook
Buscar
Bookmark and Share Formatear documento para impresión
Santa María Montederramo
Mosteiro
Seguinte
Localización
Provincia: OURENSE | Comarca: TERRA DE CALDELAS | Concello: MONTEDERRAMO | Parroquia: Montederramo (Santa María) | Lugar: Montederramo | Rúa: Plaza de Montederramo, s/n | C.P.: 32750
Fotografías
Fotografías circulares panorámicas
Acceso
Dende Baños de Molgas imos a Maceda e continuamos ata a N-120 ata o Alto de couso. Alí collemos á dereita pola Estrada nacional ata atopar un indicador.
Descrición
A súa orixe parece ser na antiga igrexa de San Xoán, onde radicaba como Mosteiro no ano 1124. Como Mosteiro do Císter foi fundado por Dona Teresa, filla de Alfonso VII, en 1142, traendo monxes franceses de Claraval. Outros autores dano como cisterciense no ano 1153, en que tomou a advocación de Santa María. No ano 1528 uniuse á Congregación do Císter, en España, comezando entón a reconstrución do edificio, mesmo a igrexa, pertencendo a maioría das obras ao século XVI. A igrexa, esvelta, presenta unha planta de cruz latina con tres naves de cinco tramos no brazo maior; brazos laterais marcados en planta, cinco capelas rectangulares, a central maior. As naves teñen bóvedas de crucería de supervivencia oxival, con lunetos e artesoado. No cruceiro, a cúpula sobre pechinas con cupulín. A fachada é plana e fría. Empezouse a igrexa no ano 1598, sendo mestra de obras Juan de Tolosa, da Compañía de Jesús, autor do Hospital de Medina del Campo, ademais doutros autores. Acabouse de construír no ano 1607, gravado no remate da fachada. O Mosteiro, en ruinas, de ampla fachada ten como pezas importantes dous claustros, o máis antigo é de estilo oxival evolucionado, cadrado, de cinco arcos semicirculares por lado e bóvedas estreladas de nove claves; o corpo superior ofrece arcos e ventás por tramo renacentistas e barrocas. O segundo claustro, é cadrado, elegante, de catro arcos semicirculares por lado sobre columnas exentas renacentistas, e medallóns esculpidos e escudos, todo iso do século XVI. Tamén ten unha ampla e monumental escalinata de baixada á igrexa e unha boa sancristía.

Horario: De 11.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h. todos os días
Distancia a lugares relevantes
Estación de autobuses: 40 | Estación de tren: 40 | Aeroporto: 145 | A Coruña: 203 | Santiago: 135 | Ferrol: 211 | Lugo: 192 | Ourense: 30 | Pontevedra: 142 | Vigo: 145

Logo Turgalicia © - 2010 - Turgalicia. Teléfono: +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax: +34 981 542 659 - e-mail: cir.turgalicia@xunta.es
Política de privacidade.