galego    español    português    english    français    deutsch    italiano    català    euskera
Cargando ...
Galicia
 
Descubra
flechaOnde aloxarse
flechaOnde comer
flechaQue visitar
 flechaPatrimonio natural
  Espazos protexidos
  Rías e praias
  Áreas de recreo e
miradoiros
  Xardíns e parques
 flechaPatrimonio cultural
flechaQue facer
flechaOnde informarse
flechaTransporte
flechaServizos turísticos
flechaOutros datos de interese
flechaDescargas
flechaReservas - Turismo Rural
flechaOfertas
flechaSector turístico
flechaEnlaces de interese
flechaEmpresa
Localizar no mapa
Buscar
Formatear documento para impresión Bookmark and Share
Costa de Dexo
Monumento natural
Fotografías
Situación
Concello de Oleiros, preto da cidade da Coruña.
Extensión
266 ha.
Accesos
Dende A Coruña por Perillo, Porto de Santa Cruz e Mera, con desvíos dende este último punto.
Descrición
Dos cantís que separan a ría da Coruña da de Betanzos o máis coñecido é a punta do Seixo Branco, veta de cuarzo a flor de pedra, brillante e visible dende a cidade da Coruña co sol e os temporais que baten nel. In situ ten as mellores panorámicas; por exemplo, dende o faro de Mera, no concello de Oleiros, do seu veciño o illote da Marola. A costa é unha liña quebrada en saíntes e entrantes como unha serra fina, e algunha praia como a de Canabal.
A copla mariñeira afirma que "quen pasou A Marola, pasou a mar toda". Poida que pareza esaxerado, emporiso o dito responde ás fortes correntes dun punto aberto ó mar onde conflúen tódolos elementos adversos de climatoloxía e terreo na rota marítima Ferrol-A Coruña, antano moi transitada por dornas e vapores de viaxeiros. Na actualidade existe servicio regular de transporte para cruza-la Marola en temporada turística.
FAUNA: Especies nidificantes como o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) ou a choia piquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax). Lontra (Lutra lutra) e morcegos (Rinolophus ferrumequinum).
M.A.N.: Centro de Recuperación da Fauna Silvestre, Santa Cruz. Oleiros. Tel.: 981 626 241 Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia. Castelo de Santa Cruz, s/n. Liáns (Oleiros). Tel.: 981 630 688 / 981 630 618
SERVICIOS: Aloxamento e comida nas cercanías e algúns servicios nas praias durante o verán.

Logo Turgalicia © - 2010 - Turgalicia. Teléfono: +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax: +34 981 542 659 - e-mail: cir.turgalicia@xunta.es
Política de privacidade.