|
Interese xeral / paisaxístico
O máis longo dos sendeiros de Gran Percorrido en Galicia discorre por todos os municipios da Mancomunidade
da Área Intermunicipal de Vigo. Son moi numerosos os atractivos ambientais, atravesando paraxes de gran beleza onde non faltan bos exemplos
de arquitectura popular como os muíños da Devesa, carballeira de Barragán, fraga e ribeiras de Couñago, foxo de lobos (antiga trampa para cazar estes animais), bosque das ribeiras do río Borbén, o río Zamáns e os muíños das Maquías, marismas do Miñor, a costa acantilada de Baiona, a fraga de Oliveira....
Sen esquecerse de importantes construcións que axudan a interpretar a cultura destas terras, como o conxunto megalítico de Monte Penide e a mámoa do Rei, o castro de Chandebrito, o castelo de Soutomaior ou edificios de singular factura como os pazos de Pegullal, Aballe e Picoña, no municipio
de Salceda de Caselas.
Os miradoiros desta rota descobren os mellores recunchos
do sur da provincia de Pontevedra. Seguindo
o sentido das agullas do reloxo atopámonos coa enseada de San Simón, o canón do río Oitavén, o val do río Borbén, enseada de Baiona e a península de Monteferro coas illas Cíes como pano de fondo, pertencentes ao novo Parque Nacional marítimo-terrestre
das Illas Atlánticas.
As montañas manifestan a súa presenza nas serras
do Suído, O Galiñeiro e A Groba como silenciosos
vixilantes do camiño.
|
|
| Accesos |
|
Por autoestrada ata o aeroporto de Vigo ou numerosos accesos ó longo do percorrido. |
|
|
O sendeiro principal ten 206 km
e as variantes GR 58.1, 58.2, 58.3
e 58.4 esténdense por 0,9, 4,2, 20,4 e 15,5 km de lonxitude respectivamente.
|
|
|
| Punto de partida / chegada |
|
Vigo, nun punto próximo ao aeroporto e ao Recinto Feiral. Baiona - UTM:29T X: 512160 Y: 4663340
Confurco - UTM:29T X:534940 Y:4669400
Soutomaior - UTM:29T X:535655 Y:4687750
Peinador - UTM:29T X:530240 Y:4674845
|
|
|
| Percorrido |
|
Atravesa os termos municipais de Vigo, Reondela, Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, O Porriño, Gondomar, Baiona, Nigrán e Vigo.
|
|
|
| Conexións
|
|
Cos PR-G 1, 2, 5, 9, 26, 67 e cos
GR 53 e 94.
|
|
|
| Material |
|
Se se pretende realizar tramos longos, recoméndase ir ben equipado: bo calzado, botas de montaña, mochila, roupa de abrigo, alimentos enerxéticos
e, aínda que a auga é abundante ao longo do itinerario, a cantimplora sempre chea.
|
|
|
| Servizos |
|
En numerosas poboacións próximas ao sendeiro.
|
|
|
| M.I.D.E. |
|
Medio
|
|
|
Itinerario
|
|
|
Desprazamento
|
|
|
Esforzo
|
|
|
|
| Acceso en bicicleta |
|
Apto parcialmente
|
|
|
| Acceso a cabalo |
|
Apto parcialmente
|
|
|
| Cartografía I.G.N. (1:25.000)
|
|
Nº 185-IV Soutomaior, 186-III Ponte-Caldelas, 223-II Redondela, 223-III Vigo, 223-IV Mos, 224-I Barc
|
|
|
| Máis información |
|
Mancomunidade da Área Intermunicipal
de Vigo. Vía da Hispanidade, 17. 36203 Vigo
Federación Galega de Montañismo
Edificio das Federacións Deportivas Galegas
Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, of. 10. 36209 Vigo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
e-mail: info@fgmontanismo.com
www.fgmontanismo.com
|
|