|
Cargando ...
|
|
|
| Situación |
| Os municipios incluídos na Reserva da Biosfera
ascenden a un total de 26: Abadín, Alfoz,
Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde,
O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín,
Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras,
Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza,
Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e
Xermade. |
|
|
| Superficie |
| 363.668,9 hectáreas. |
|
|
| Acceso |
| Principais enlaces varios de leste a oeste:
autovía A-6 e N-VI; de norte a sur: N-640. |
|
|
| Servizos |
Aloxamento: Si.
Comer: Si.
|
|
|
| Sen perda |
O parque fluvial de Lugo esténdese en paseos, sendeiros e
pasarelas que enlazan entre si os recursos naturais e culturais
vencellados ao río. Un bo lugar de partida, a poucos minutos
de Lugo, é o centro de interpretación na ribeira do río
Fervedoira. O paseo pola ribeira deste pequeno cauce enlaza
coa marxe esquerda do Miño recuperada como unha
estupenda área de lecer da cidade.
No centro de interpretación acharemos toda a información
sobre o patrimonio natural e etnográfico que ao desprazarnos
pola reserva poderemos ver en directo: as insuas, algunhas
con pasarelas de acceso; os caneiros, numerosas presas baixas
dedicadas ás famosas pesqueiras de anguía do Miño; ferrarías como o Mazo de Santa Comba. Neste aspecto, salienta
tamén o Complexo Etnográfico da Fervenza que conta con muíño, pesqueira e fragua.
As principais vías de comunicación que atravesan a reserva permiten acceder de xeito rápido a outros lugares de interese.
Dun extremo a outro acharemos excelentes mostras arquitectónicas como o mosteiro de Meira ou a fortaleza de San Paio
de Narla (Friol), visitable e convertida en museo; restos arqueolóxicos como o castro de Viladonga ou os achados romanos
de Santalla de Bóveda; ou exemplos de artesanía tradicional como a olaría de Bonxe (Outeiro de Rei).
|
|
|
| Información e equipamentos |
Aula de Naturaleza del Veral (Lugo) y Centro de Recuperación de Fauna Salvaje O Veral
Carretera de Friol - Lugo
Teléfono: 982207705

Centro de Interpretación Terras do Miño
Río Fervendoira - Lugo
Teléfono: 902101117

Conjunto Etnográfico A Fervenza
Carretera
Lugo-Páramo (O Corgo)
Teléfono: 982150610

Deputación Provincial de Lugo. Reserva de la Biosfera "Terra do Miño"
Teléfono: 982265358

Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES)
Teléfono: 982227812

Promoción Turística “Terras do Miño”
Teléfono: 902101117

|
|
|
| Descrición |
O río como bandeira
O bosque sagrado que significaba palabra latina lucus da
que é doado derivar Lugo non se entende sen o río Miño,
venerado coma un pai ata a actualidade. A Reserva da
Biosfera abrangue desde as serras do norte ata o sur da
cidade amurallada. En total, o corenta por cento da
provincia de Lugo, que conta ademais con outras dúas
reservas declaradas pola UNESCO, e máis da metade da súa
poboación.
Estamos na conca alta, pero non rápida. Permítenos
saborear o camiño con tranquilidade. Primeiro, Fonmiñá,
gravado na memoria escolar como lugar de nacemento do
río Miño, é ben merecente dunha visita que se prolongue
ata as fontes máis altas da serra de Meira como o Pedregal
de Irimia. Aquí acharemos un humilde regato entre grandes
moles de pedra, acumulación de orixe glaciar.
As augas axiña se remansan nas paisaxes horizontais da
comarca da Terra Chá. Outros ríos únense á rede fluvial e,
sobre todo, gañan protagonismo as lagoas. Logo acaroase á
cidade de Lugo cunha historia bimilenaria concentrada nas
Murallas Romanas (Patrimonio da Humanidade) que
poderemos percorrer integramente polo adarve. Pero a dez
minutos extramuros chámanos o rumor paseniño das augas
se andamos á procura dos bosques sagrados e outras
marabillas naturais como as insuas ou illas de río.
As rutas da auga conectan e aproveitan os camiños de
Santiago: o Camiño Francés, no límite sur da reserva; o
Camiño Primitivo, que atravesa a cidade de Lugo; e o
Camiño do Norte, procedente da cornixa cantábrica. Centos
de quilómetros que amosan a convivencia histórica entre a
natureza e as actividades humanas tradicionais da
agricultura e a gandería.
|
|
|
|