rutanomeKmdificultade
R1ruta PARQUE FORESTAL OUTEIRO DA CELA5,7 KmDificultade verde
R2ruta TRAVESÍA DO XURÉS25,5 KmDificultade negro
R3ruta MEGALÍTICA12,7 KmDificultade verde
R4ruta PICOS DE FONTEFRÍA32,4 KmDificultade negro
R5ruta SERRA DO PISCO27,9 KmDificultade vermella
R6ruta VÍA NOVA29,4 KmDificultade vermella
R7ruta CIRCULAR DE LOBIOS27,4 kmDificultade vermella
R8ruta MINAS DAS SOMBRAS40,2 kmDificultade negro
R9ruta ALTO DE SANTA EUFEMIA24,2 kmDificultade vermella

Posibilidade de visualizar os datos das distintas rutas no ordenador e no GPS a través dos ficheiros GPX e KMZ. As coordenadas GPX son ficheiros de intercambio de datos entre GPS's e necesitan dun programa adecuado ao seu GPS para poder importalos. As coordenadas KMZ son ficheiros con datos xeográficos que necesitan do programa gratuíto Google Earth para poder visualizalos.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R1 - Ruta Parque Forestal Outeiro da Cela

R1

O Parque Forestal de Outeiro da Cela forma parte do Complexo turístico-deportivo do Corgo, onde se sitúa un dos Puntos de Acollida do Centro BTT Serra do Xurés. Unha área recreativa natural de case 40 hectáreas cunha ruta moi sinxela, sen apenas desnivel acumulado, e que, ao longo dos seus case 6 quilómetros de percorrido, permite achegarse á beira do encoro das Conchas e coñecer a aldea do Rañadoiro.

Recoméndase subir ao punto máis alto do Noval, un pequeno outeiro moi próximo ao lugar de inicio desta ruta á que se accede por varias pistas sinalizadas. Desde aquí, pódese gozar dunha bela panorámica do encoro e dos restos arqueolóxicos do campamento militar romano Aquis Querquennis, no veciño municipio de Bande.

O complexo do Corgo conta cun cámping e unha ampla oferta de ocio para desfrutar desta zona privilexiada. Destacan as actividades náuticas como o kaiak e a vela, así como a posibilidade de participar en rutas de sendeirismo organizadas ou practicar escalada no seu rocódromo ao aire libre.

Desde o propio aparcadoiro do Punto de Acollida, pódense percorrer en bicicleta os dous quilómetros que o separan da Reitoral de San Pedro, actualmente aloxamento da rede de Turismo Rural, desde onde parte a Ruta 2 “Travesía do Xurés”.

SaídaComplexo turístico-deportivo do Corgo
41º57´46.86” N / 007º58´59.95”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
624 m175 m5,7 kmsen conexión
ChegadaComplexo turístico-deportivo do Corgo
41º57´46.86” N / 007º58´59.95”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
547 m-175 m1hDificultade moi facil

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R2 - Ruta Travesía do Xurés

R2

A ruta parte da antiga reitoral de San Pedro en Muíños, hoxe reconvertida en aloxamento de Turismo Rural. De forma ascendente, condúcenos á poboación do Agrelo, que cruzaremos para chegar a Picós, a través dunha zona de bosque autóctono ben conservada. Seguindo a sinalización da senda PR-G Torrente-Salgueiro, pertencente á rede de rutas do Parque, alcanzamos a ermida da Clamadoira, desde onde se pode contemplar unha bela panorámica sobre o val do río Limia. A pequena igrexa do século XVIII atópase rodeada por uns magníficos carballos centenarios.

A seguinte parada obrigatoria será a aldea de Prado de Limia, onde poderemos gozar da típica arquitectura popular do Xurés, así como da igrexa de San Salvador e dun forno comunal rehabilitado. Cruzamos o río Salas por unha ponte de pedra ata alcanzar unha área recreativa con varios muíños, algúns aínda en funcionamento. Por unha pista en bo estado ascendemos en dirección a Albite, unha pequena aldea gandeira. Tras unha subida e un descenso moi técnicos, chegamos á parroquia da Cela, onde as súas casas e cortes se funden cos grandes bolos graníticos conformando unha arquitectura singular.

Augas abaixo da Cela, atópase a espectacular fervenza da Poza da Seima. Cruzamos o río Salas por unha ponte de madeira para iniciar un esixente porteo coa nosa bicicleta duns 15 minutos de duración ata alcanzar a pista de terra que vai cara a Reparade, onde enlazamos coa Ruta 6 “Vía Nova”, que vén desde Lobios.

Abandonando Reparade, o sendeiro condúcenos de novo e de forma ascendente cara á ermida da Clamadoira. O regreso cara á reitoral de San Pedro é a través dun sendeiro estreito que fi naliza na estrada de Mugueimes, a escasos metros do fi nal deste percorrido.

SaídaCasa reitoral de San Pedro.Muíños
41ª57´08.96”N / 007º58´43 09”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
906 m920 m25,5 kmsen conexión
ChegadaCasa reitoral de San Pedro.Muíños
41ª57´08.96”N / 007º58´43 09”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
599 m-920 m3h 40´Dificultade dificil

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R3 - Ruta Megalítica

R3

Desde o Punto de Acollida situado no Centro de Montaña Aviva, no núcleo das Maus de Salas, arranca este agradable paseo en bicicleta que permite remontarnos á Idade de Bronce cun claro carácter lúdico-interpretativo do patrimonio arqueolóxico que se mantén na contorna deste Parque Natural.

Durante o noso itinerario, compartiremos tramos coa Ruta 4 “Picos de Fontefría” e coa Ruta 5 “Serra do Pisco”.

Antes de cruzar a presa do encoro de Salas, atoparémonos coa Casiña da Moura e, pouco despois de atravesala, coa Casola do Foxo, situada nun pequeno miradoiro natural que coincide co enlace existente coa Ruta 4. Trátase dos dous dolmens máis importantes da Baixa Limia, datados no III milenio a.C. e desprazados do seu lugar de orixe debido á construción do encoro. Tras pedalear por unha pista que bordea o encoro, onde se poderán observar varias formacións rochosas moi singulares, alcanzamos a ponte que une Guntumil coas Maus de Salas. Neste punto da ruta, pódese optar por enlazar coa Ruta 5, que se dirixe ao refuxio do Pisco, ou cruzar a ponte para continuar o noso itinerario arqueolóxico e visitar outra das mostras do apoxeo do Megalitismo neste territorio: a necrópole de Outeiro de Cavaladre, formada por dúas mámoas onde se acharon restos de puntas de frechas e recipientes cerámicos.

Regresamos ao punto de partida camiñando polas estreitas rúas das Maus de Salas, onde aínda se aprecian restos da capela de Santa Baia.

SaídaCentro de Montaña Aviva. As Maus de Salas
41ª56´10.53”N / 007º55´28.59”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
846 m268 m12,7 km4,5
ChegadaCentro de Montaña Aviva. As Maus de Salas
41ª56´10.53”N / 007º55´28.59”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
801 m-268 m1h 20´Dificultade moi facil

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R4 - Ruta Picos de Fontefría

R4

Sen dúbida, estamos ante un dos percorridos máis espectaculares e máis esixentes. Cun total de 32,4 quilómetros e rozando os 1.700 metros de desnivel acumulado, é un verdadeiro desafío para os ciclistas máis experimentados.

Desde o Punto de Acollida das Maus de Salas, tras cruzar o encoro, deixamos á nosa esquerda o dolmen coñecido como Casola do Foxo e desviámonos cara á dereita por unha pista ancha de terra.

A través dun longo ascenso, a ruta vaise introducindo pouco a pouco na típica paisaxe granítica e medio desértica do Xurés ata alcanzar a zona coñecida como Outeiro do Home Dereito, a 1.115 m de altitude.

O percorrido continúa para chegar á aldea do Salgueiro, situada aos pés dos Picos de Fontefría, abandonada polos seus moradores na metade do século XIX debido á difi cultade de establecer vías axeitadas de acceso. Todo o conxunto de construcións e os seus terreos limítrofes pertencen na actualidade á Xunta de Galicia, que, en colaboración co Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, está a levar a cabo diferentes programas de xestión do medio e a súa reconstrución paulatina.

Nas súas proximidades puxéronse en marcha programas de recuperación da cabra montesa.
Abandonando O Salgueiro e tras un forte ascenso, chegamos á carballeira da Barxa, zona de bosque autóctono moi ben conservado e Reserva Integral deste espazo protexido.

A última parte do percorrido, antes de unirse novamente á Ruta 3 “Megalítica” e regresar ás Maus de Salas, discorre polas zonas máis elevadas da Serra do Xurés, entre rochedos e bolos graníticos que lle confi ren á paisaxe un aspecto árido pero
de gran valor natural.

SaídaCentro de Montaña Aviva. As Maus de Salas
41ª56´10.53”N / 007º55´28.59”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
1161 m1106 m32,4 km5
ChegadaCentro de Montaña Aviva. As Maus de Salas
41ª56´10.53”N / 007º55´28.59”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
766 m-1106 m4hDificultade dificil

Para acceder á aldea do Salgueiro, propiedade da Xunta de Galicia, os visitantes deberán comunicar ao Parque Natural vía telefónica (988 788 755/ 988 788 761 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 no inverno -16 setembro a 14 marzo- e de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 no verán -15 marzo a 15 setembro), vía fax (988 788 762) ou vía correo electrónico (parque.natural.xures@xunta.gal), os seguintes datos:

  • Responsable (nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono, e-mail de contacto e mención expresa de que coñece e acepta as normas de acceso á aldea) 
  • Data da visita 
  • Número de participantes

O acceso á aldea deberá ser a pé ou en bicicleta en horario de 10:00 a 20:00 entre os meses de maio a outubro e de 10.00 a 18:00 o resto do ano.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R5 - Ruta Serra do Pisco

R5

Comparte o mesmo percorrido da Ruta 3 “Megalítica” ata chegar á ponte que cruza o encoro de Salas, onde seguiremos pola dereita cara á aldea de Guntumil.

Deixamos atrás esta pequena poboación de apenas 150 habitantes para iniciar un longo ascenso por unha pista ancha en perfectas condicións que, pouco a pouco, vai gañando altura ata alcanzar o Refuxio do Pisco, a 1.395 metros de altitude. Desde aquí hai unha boa oportunidade de contemplar unha ampla panorámica do Val de Salas.

Iniciamos o descenso cara a Portela de Pitões, en plena fronteira entre Galicia e Portugal, sinalada por un marco de pedra que indica o límite fronteirizo entre ambos os dous países, un territorio dominado polos vellos contrabandistas e que hoxe ofrece unha panorámica espectacular do Parque Transfronteirizo Gerês-Xurés, que comprende case 90.000 hectáreas de territorio protexido en ambos os dous países.

Chegamos á aldea de Requiás, onde se recomenda visitar o seu forno comunal, antes de regresar á ponte do encoro para cruzalo en dirección ás Maus de Salas e compartir os últimos quilómetros polo mesmo trazado das Rutas 3 e 4.

SaídaCentro de Montaña Aviva. As Maus de Salas
41ª56´10.53”N / 007º55´28.59”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
1254 m829 m27,9 km4
ChegadaCentro de Montaña Aviva. As Maus de Salas
41ª56´10.53”N / 007º55´28.59”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
801 m-829 m2h 30´Dificultade dificil

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R6 - Ruta Vía Nova

R6

A Vía Nova, construída baixo o mandato do emperador Augusto no século I d.C., tivo un papel fundamental na vertebración de Galicia, unindo Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga). O percorrido parte do lugar coñecido como Portela do Home, antigo paso fronteirizo con Portugal. Utilizando o vello itinerario da Vía Nova, hoxe recuperada a través do programa estatal de Camiños Naturais, iniciaremos un descenso de case 7 quilómetros polo val do río Caldo, onde poderemos observar varios conxuntos de miliarios (antigo sistema de fi tos quilométricos representados por marcos de pedra).

Na última parte deste descenso, recoméndase visitar a fervenza máis longa de Galicia, Corga da Fecha, espectacular nos meses de inverno, así como os restos romanos da coñecida como Aquis Originis, unha mansión romana onde podemos observar unha serie de arcos pertencentes ao seu espazo termal.

Alcanzamos o lugar coñecido como Riocaldo, perfecto para facer un alto no camiño e coñecer a zona gratuíta de baños ao aire libre nos arredores do Balneario de Lobios.
A ruta continúa en dirección á aldea de Vilameá, onde un desvío á dereita nos indica o acceso a través dunha dura subida á ermida de Nosa Señora do Xurés. Desde este punto, obsérvase unha impresionante panorámica da Serra de Santa Eufemia e o val do río Caldo. Ao abandonar esta aldea, atopámonos con doce muíños restaurados nas beiras do río Vilameá. En Lobios recoméndase visitar a súa igrexa, así como o Centro de Interpretación do Parque Natural.

A partir deste punto, recoméndase unha última parada na ermida da Clamadoira, antes de alcanzar o fi nal do percorrido na reitoral de San Pedro en Muíños.

SaídaPortela do Home. Lobios
41º48´35.81”N / 007º58´43 09”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
773 m940 m29,4 kmsen conexión
ChegadaCasa reitoral de San Pedro.Muíños
41ª57´08.96”N / 007º58´43 09”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
332 m-1080 m2h 30´dificil

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R7 - Circular de Lobios

R7

Desde a zona de aparcadoiro que se localiza na entrada ao municipio de Lobios dirixímonos cara ás pozas de auga próximas á aldea da Cela. Trátase dun percorrido que supón un desafío para o ciclista polas continuas subidas e baixadas pero que se compensa polo atractivo da contorna. Atravesa pequenos núcleos como Gustomeao, San Paio, O Puxedo e A Vila, permitindo descubrir lugares con grande encanto como Chao de Requeixo, unha paraxe de gran valor natural, ou a igrexa de San Miguel e a capela da Virxe da Reguenga, mostras da arquitectura relixiosa da zona.

Na metade de percorrido atopámonos cun desvío que nos leva cara ao río Mao (afluente do río Salas), onde poderemos visitar varias das pozas naturais que se situadas formando pequenas fervenzas gozar dun lugar privilexiado. Existe a posibilidade de continuar ascendendo pola estrada ata chegar á aldea da Cela e continuar pola Ruta 2 “Travesía do Xurés” que permitiría finalizar este percorrido na Reitoral de San Pedro en Muíños. Se se opta por regresar á ruta “Circular de Lobios”, afrontaremos a segunda metade do itinerario cunha pendente máis favorable coa compañía do río Cabaleiro que cruzaremos a través dunha pequena ponte na Portaxe antes de regresar ao centro de Lobios.

SaídaZona estacionamento. Lobios
41º54’06.29’’N / 008º05’05.84”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
773 m1130 m27,43 km2
ChegadaZona estacionamento. Lobios
41º54’06.29’’N / 008º05’05.84”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
332 m-1130 m4h 30´dificil

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R8 - Minas das Sombras

R8

Esta ruta parte en dirección sur desde o centro de Lobios cara ás “Minas das Sombras”, descubrindo ao seu paso unha contorna cen por cen natural que mostra de maneira clara unha orografía exixente. A primeira parte do percorrido discorre n sentido ascendente ata alcanzar a antiga explotación mineira cuxo tramo final coincide cunha senda que será obrigatorio realizar portando a nosa bicicleta para preservar o estado do camiño. Regresamos á pista principal, onde o ascenso se suaviza, deixando a man dereita unha senda que se dirixe cara á parte superior da Corga da Fecha, unha das fervenzas máis representativas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Tamén, teremos a oportunidade de contemplar outros saltos de auga como a Corga do Curro, a Corga do Medeiro, a Corga da Candela e a Corga da Revolta, entre outras.

Alcanzamos a fronteira con Portugal chegando a Portela do Home, desde onde iniciaremos descenso ao punto de partida compartindo os primeiros quilómetros da Ruta 6 “Via Nova” ata regresar a Lobios.

SaídaZona estacionamento. Lobios
41º54’06.29’’N / 008º05’05.84”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
1085 m1608 m40,19 km6
ChegadaZona estacionamento. Lobios
41º54’06.29’’N / 008º05’05.84”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
396 m-1608 m5h 10´dificil

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R9 – Alto de Santa Eufemia

R9

Desde o Balneario Lobios-Caldaria, esta ruta parte en dirección norte cara ao Alto de Santa Eufemia. Tras abandonar a zona de Río Caldo e percorrer uns metros a OU-312, desviámonos cara a Bubaces e Padrendo, onde se pode visitar a capela de Santa Catarina e observar a singularidade dun pombal. Deixando atrás Padrendo continuamos o percorrido que nos conduce cara a Chan de Ventoselo por unha pista ascendente en moi bo estado que permite gozar dunha espectacular panorámica onde destaca a Corga da Fecha ao fondo.

Para aqueles que queiran realizar unha versión máis sinxela, na metade da dita ascensión está sinalizado un desvío á man esquerda que se dirixe cara a Torneiros e permite regresar por unha pista moi doada de percorrer ata o Balneario Lobios-Caldaria. Os que opten pola versión longa do percorrido, continuarán o ascenso ata alcanzar un desvío á dereita cara ao alto de Santa Eufemia desde onde se pode observar parte da extensión do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Por motivos de preservación do medio natural no que nos encontramos, os 2,5 quilómetros que separan a pista principal do alto, han de ser realizados porteando a nosa bicicleta.

Desde ese punto, a ruta continúa en dirección cara á fronteira con Portugal e desvíase cara á esquerda ata conectar coa Ruta 6 “Vía Nova” onde poderemos visitar un conxunto de miliarios (antigo sistema de fitos quilométricos da época romana representados por marcos de pedra), desviarnos á Corga da Fecha ou visitar os restos dunha mansión romana utilizada como espazo termal e coñecida como Aquis Originis, antes de regresar ao balneario.

SaídaLobios-Caldaria Spa
41º51’40.92’’N / 008º06’22.23”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
1114 m1005 m24,15 km6
ChegadaLobios-Caldaria Spa
41º51’40.92’’N / 008º06’22.23”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
379 m-1005 m4hdificil

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!