¿Que é o Outono Gastronómico en turismo rural?
Dende o 15 de setembro ao 15 de decembro de 2010, tes unha cita co Turismo Rural de Galicia que celebra o seu 4º Outono Gastronómico.
Aproveita esta oportunidade para achegarte á historia e ao patrimonio dos “Pazos de Galicia”, hoxe coidadosamente rehabilitados, para revivir a época das señoriais “Casas Grandes”, para pasar unha noite nunha auténtica “Casa Reitoral” ou para sentir o latexo da vida rural das “Casas de Aldea” e das “Casas de Labranza”...
Elixe entre as máis de 100 casas rurais participantes e regálate un xantar moi especial aderezado con estadías inesquecibles.
Cada unha das casas rurais ofrecerá un menú diferente, exclusivamente concibido para esta ocasión. Nesta web podes consultar todos os menús e as casas de turismo rural participantes nesta promoción.
A oferta do “Menú Outono gastronómico” inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños ou outras bebidas polo prezo global de 30 €/persoa (ive incluído).
Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” que permite degustar o menú outono gastronómico e pernoctar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do seguinte día dentro da oferta.
O paquete componse de:
- 1 menú outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres ou sábado a escoller). O prezo é de 100 € /2 persoas en cuarto dobre ou de 60 €/1 persoa en cuarto individual.
Pero a mellor opción é gozar da oferta completa da "Fin de semana Outono Gastronómico".
Neste caso inclúe:
- 2 menús outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e de sábado). O prezo é de 180 € /2 persoas en cuarto dobre ou de 120 €/1 persoa en cuarto individual.
Ademais este ano, aloxándote en calquera dos establecimentos adheridos a este 4º Outono Gastronómico , poderás conseguir algún dos 120 premios directos escondidos no interior das casas rurais participantes. Agárdante fins de semana, paquetes gastronómicos e menús gratis para agradecer a túa confianza.
(ofertas válidas en venres, sábados e domingos do 15 de setembro ao 15 de decembro de 2010)
+ Información: 902 200 432