PR-G 28 RUTA DE PADRENDO

Sendeirismo
2529

Localización

Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 52' 41.7" N - 8º 06' 55.8" W

Descrición

O sendeiro discorre por terras ourensás cargadas de historia. Na viaxe desde a capital provincial ata a aldea de Padrendo pódense visitar o mosteiro de Celanova, a igrexa visigótica de Sta. Comba de Bande, o campamento romano de Aquis Querquennis, as augas termais do río Caldo e a antiga Vía Nova romana con restos da súa calzada e numerosos miliarios. Pequenos desvíos achégannos ata o barroco da igrexa da Terrachá ou o Parque Megalítico de Muíños.

A ruta discorre polo val, entre os somontes da Serra de Sta. Eufemia e a do Xurés. Ademais dos valores ambientais, esta zona conserva unha gran riqueza etnográfica con mostras interesantes de arquitectura rural da zona.

Estamos na raia, terra fronteiriza onde o parque natural galego "Baixa Limia-Serra do Xurés" e o veciño parque nacional portugués "Peneda-Gerês" esqueceron os límites administrativos e dan forma a un Parque Transfronteirizo único en Europa.

Acceso

Pola estrada de Lobios á fronteira de Portela de Home (OU-312), desviarse na Devesa ata Padrendo. Tamén se pode acceder ao sendeiro na aldea de Torneiros, un pouco máis adiante na mesma OU-312.

Un plus

TERRAS DE CELANOVA

A comarca de Celanova aglutina importantes vestixios de todas as épocas: a citania de Castromao, os restos do alcázar de Milmanda, a ponte romana de Freixo, a vila medieval de Vilanova dos Infantes, o mosteiro románico de Ramirás, o santuario da Virxe do Cristal... Ademais, a propia vila incorpora a estes valores patrimoniais o impoñente Mosteiro de San Rosendo, a capela de San Miguel (o mozárabe mellor conservado de toda Galicia) ou as casas natais de escritores tan brillantes como Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

Lonxitude

11,3 km.

Punto de partida/chegada

Padrendo - UTM: 29T X:573540 Y:4636940

Percorrido

Padrendo, A Chan do Ventoselo, Torneiros e Padrendo.

Dificultade

Media

Duración

3 horas.

Servizos

En Padrendo e Torneiros. Lobios é a poboación máis importante e próxima ao sendeiro para aprovisionamento e aloxamento.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 301-III Lobios

Máis información

Sede del Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Tel.: 988 448 048

Federación Galega de Montañismo.
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!