MIÑO-NEIRA

Espazos naturais
1690
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

Guntín | Lugo | O Corgo | O Páramo

Coordenadas:
42º 54' 32.0" N - 7º 31' 04.0" W

Descrición

O Neira deita as súas frías augas das montañas orientais de Lugo pola marxe esquerda do Miño. Trátase dun río con gran riqueza ecolóxica que desde o lugar da Ponte de Neira ata a desembocadura no gran cauce forma parte deste espazo protexido. Ao estar integrado na Reserva da Biosfera “Terras do Miño” posúe rutas de sendeirismo e áreas recreativas fluviais.
Atópanse excelentes representacións de bosques de galería que conta ata cunha insua arborada. Tamén son salientables as paisaxes agrarias entre cuxos valores naturais figuran as sebes.

Acceso

Saída cara a Sarria na autovía A-6 e logo desvíos na estrada N-VI.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Situación

Augas abaixo da cidade de Lugo. Concellos de Guntín, Lugo, O Corgo e O Páramo.

Superficie

842 ha.

Servizos

Aloxamento e comida nas localidades de referencia.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!