BAIXO MIÑO

Espazos naturais
2286
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

A Cañiza | A Guarda | Arbo | As Neves | Crecente | O Rosal | Salvaterra de Miño | Tomiño | Tui

Ourense

Padrenda

Coordenadas:
41º 58' 04.6" N - 8º 44' 45.3" W

Descrición

Val miñoto
Os oitenta quilómetros finais do Miño están amparados por ambas as marxes nun espazo transfronteirizo dentro da Rede Natura. Comprende desde o derradeiro encoro na presa da Frieira (Crecente) ata a entrega no Atlán;co, xunto con algúns afluentes como o Tea e o Tamuxe na vertente galega e o Coura na portuguesa.
A fronteira do Miño une ecosistemas. Principalmente, os hábitats do estuario cunha extensa zona de xunqueiras e pradarías húmidas (denominadas na zona morraceiras) e illas e bancos de area (ariños). As mellores posibilidades de achegarse a estas paraxes están na praias da desembocadura como Camposancos, que conta ademais cun interesante sistema dunar, e os observatorios ornitolóxicos de probado éxito como o de Salcidos (A Guarda), fronte a illa de Canosa. As elevacións do terreo tamén son excelentes atalaias naturais como a subida ao castro de Santa Tegra ou ao Monte Aloia (Ver Parque Natural).
Tradicionalmente, o río é navegable ata Tui. Augas arriba o río estréitase entre penedos e pesqueiras, muros de pedra construídos para a pesca da lamprea. Na actualidade consérvanse unhas catrocentas entre Salvaterra de Miño e Crecente. Un bo si;o para observalas é na localidade de Arbo. No fermoso concello do Rosal parecen de obrigada visita os trinta e seis muíños en liña dos conxuntos etnográficos do Folón e o Picón.

Acceso

Principais vías de comunicación ata Tui. A estrada PO-552 discorre entre Tui e A Guarda.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Situación

Curso final doMiño limítrofe con Portugal que atravesa os concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra deMiño, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza e Padrenda. A ZEPA só na desembocadura, concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda.

Superficie

LIC: 2.791,64 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Outras características

Avistamento de paxaros
Zona ZEPA

Tamén che pode interesar

Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!