IGREXA DE SANTIAGO DE BEMBRIVE

Relixioso
1599
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Bembrive (Santiago)

Lugar: Mosteiro

Rúa Río 22

36213  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 12' 13.9" N - 8º 41' 11.9" W

Descrición

Igrexa parroquial de estilo románico de transición construída cara a finais do século XII-principios do XIII. Consta dunha soa nave e ábsida, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fóra. A nave está dividida en tramos por dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas pegadas. O arco Triunfal é de directriz apuntada ao igual que o secundario e ambos os dous apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón mentres o polígono en que remata a ábsida o fai con bóveda de casca. Posúe 2 portas laterais (unha delas tapiada) e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas acodilladas nas xambas. Tamén conserva un variado repertorio de canecillos. Esta obra ben puidese ser adscrita ao Mestre Rodrigo segundo se desprende dunha inscrición datable cara a 1185, aínda que tamén se conserva outra do ano 1223.

Acceso

Saíndo de Vigo á altura do hipermercado Alcampo, xiramos á dereita fronte a un lavadoiro, volvemos xirar á dereita. Dirixímonos en dirección a Mosteiro. Posteriormente, continuamos seguindo un indicador ao centro cultural Bembrive que nos leva ata unha praza, na que xiramos á dereita para chegar ata a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!