28 nov 2016

A Xunta expón en Filipinas a experiencia de Galicia na promoción do Camiño de Santiago Escoitar

A Ruta Xacobea é un dos exemplos sobre rutas de peregrinación que se exporá na VIII Tribuna España-Filipinas que se celebrrou na cidade de Davao

Organizado polo ente público español Casa Asia, Turismo de Galicia participou neste encontro dentro da sección ‘Cultura, patrimonio, turismo sostible e boas prácticas: o caso das rutas de peregrinación”

O número de peregrinos filipinos que fixeron o Camiño de Santiago no que vai de ano medrou un 44,06% en relación ao mesmo período de 2015

A experiencia de Galicia na promoción do Camiño de Santiago foi un dos exemplos sobre as rutas de peregrinación que se expuxeron na VIII Tribuna España-Filipinas que se celebrou na cidade de Davao.

Organizado polo ente público español Casa Asia, Turismo de Galicia participa neste encontro dentro da sección ‘Cultura, patrimonio, turismo sostible e boas prácticas: o caso das rutas de peregrinación”, no que o Camiño de Santiago será protagonista.

Así, o departamento de Turismo da Xunta participou nesta xuntanza para achegar a experiencia galega no eido da promoción e xestión da Ruta Xacobea e servir, así, de modelo para o Goberno filipino, interesado en poñer en valor turístico varias vía locais de peregrinación.

Así mesmo, a viaxe tivo como obxectivo continuar impulsando o crecemento de peregrinos filipinos que veñen a Galicia para realizar o Camiño de Santiago. Neste senso, compre destacar que no que vai de ano a cifra total de peregrinos filipinos que recolleron a súa Compostela medrou un 44,06% en relación ao mesmo período do ano anterior.

Arriba