Penedos de Pasarela e Traba
Situación - Concellos de Laxe e Vimianzo, na Costa da Morte coruñesa.
Superficie - 212 ha.
Acceso - Varios desvíos desde a AC-552 cara á costa de Laxe.
Servicios - Aloxamento e comida, nas proximidades.
Outros espazos naturais relacionados / próximos - LIC “Costa da Morte” LIC “Río Anllóns”
Corpo de pedra, alma de lenda
Admirados miradoiros son os catro cumes que rodean o val do Traba, aberto ao océano nun extenso areal con lagoa costeira incluída. Desde a praia, eles mesmos son unha das vistas panorámicas máis espectaculares da Costa da Morte (LIC). Pedra sobre pedra elévanse ata os 274 metros de altitude e proclaman o seu nome, segundo a forma ou a lenda con que a tradición os bautizou. A Pena dos Mouros, Pena Forcada, O Castelo e a Torre da Moa son os nomes dos catro picos que delimitan o espazo. Continuar leyendo »



