28 Sep

Praias Cercanas a Cervo

Praia recuperada para os bañistas tras un plan de rehabilitación que a converteu nunha opción ben acondicionada e vixiada.

Arco de area situado na desembocadura do río Cobo, que queda ás súas costas. Un dique protéxea do vento e as correntes. Continuar leyendo »

21 Sep

GR 65 – O Camiño de Santiago

GR 65

GR 65

ACCESOS - O Cebreiro é un fermosísimo núcleo rural, importante etapa no Camiño de Santiago, situado na estrada LU-633 no límite entre Galicia e a provincia de León.

LONXITUDE -  157 km.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA - O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) / Santiago de Compostela.

PERCORRIDO - O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e Santiago de Compostela.

DIFICULTADE - Media. Percorrido moi longo.

DURACIÓN - 50 horas. Cinco xornadas superiores a 30 km.

CONEXIÓNS - Co GR 94.

MATERIAL - Este percorrido faise xeralmente dunha soa vez, por razóns que trans- cenden ao propio sendeiro. Aconséllase levar unha mochila completa, aínda que é fácil o aprovisiona- mento ao longo do camiño.

SERVIZOS - En todos os núcleos de poboación por onde pasa o sendeiro. Albergues da Xunta de Galicia en: O Cebreiro, Hospital da Condesa, Triacastela, Calvor, Sarria, Barbadelo, Ferreiros, Portomarín, Gonzar, Ventas de Narón, Ligonde, Palas de Rei, Mato Casanova, Melide, Ribadiso, Arzúa, Sta. Irene, Arca, Monte do Gozo.

ACCESO EN BICICLETA - Apto totalmente.

ACCESO A CABALO - Apto totalmente. Continuar leyendo »

19 Sep

A Xunta promove o Día Mundial do Turismo

 A Xunta promove o Día Mundial do Turismo cunha visita ao Gaiás na que participarán as 55 primeiras persoas que se acheguen ás oficinas de turismo. Desde mañá, luns, e ata o vindeiro xoves, estarán dispoñibles as prazas gratuítas para aquelas persoas que reserven a súa visita nas oficinas que a Xunta de Galicia ten distribuídas pola xeografía galega.

Santiago.- Con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo, que se celebra anualmente durante a xornada do 27 de setembro, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, organizará unha xornada no Gaiás na que os participantes coñecerán o complexo arquitectónico, que xa se ten convertido nunha das iconas turísticas da Comunidade galega.

Esta iniciativa está reservada ás primeiras 55 persoas que acudan ás oficinas de Turismo da Xunta de Galicia, situadas nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, ademais de Vilagarcía de Arousa e Tui, indicando a súa intención de realizar a visita á Cidade da Cultura de Galicia programada para a celebración do Día Mundial do Turismo.

A reserva das prazas terá que realizarse entre os días 19 e 22 de setembro, ambos incluídos, en horario de 10,00 horas a 14,00 horas, nas anteditas oficinas de Turismo.

Bono/convite
Os interesados recibirán un bono/convite que inclúe a visita e o desprazamento e ida e volta gratuítos en autobús entre o complexo arquitectónico e as localidades nas que se sitúan as oficinas de Turismo da Xunta de Galicia.

Para visitar a Cidade da Cultura de Galicia o Día Mundial do Turismo entregaranse, como máximo, dous convites por persoa.

19 Sep

Museo das mariñas

Museo das Mariñas

Museo das Mariñas

MUSEO DAS MARIÑAS
Rúa Emilio Romay, 1. 15300 Betanzos
T. / F.: 981 771 946
e-mail: bibli1@alsernet.es
web: www.betanzos.net

O museo comparte instalacións coa biblioteca e o arquivo municipal no antigo Mosteiro de Santo Domingo. Mostra de pezas arqueolóxicas procedentes da comarca, así como varias seccións dedicadas á etnografía, ó traxe galego e ás táboas do apostolado da Escola de Rubens. Destaca a colección de tapices e encaixes, depósito da Fundación Jiménez Cossío. Prezo: 1,2 €. Continuar leyendo »

16 Sep

Ribeira Sacra

Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra integra un conxunto de vinte municipios pertencentes ao sur da provincia de Lugo e ao norte de Ourense, no interior de Galicia. O seu elemento aglutinador é o curso fluvial dos ríos Miño, Sil e Cabe, que discorren cara á súa confluencia a través de gargantas ou canóns de forte verticalidade, configurando así unha paisaxe única e unha terra singular. Froito deste legado son as terras do Sil e do Miño, cun valioso patrimonio de mosteiros – que irradiaron arte, cultura e progreso material a toda Galicia. De aí o nome Ribeira Sacra (Rivoyra Sacrata), do que existe constancia escrita desde o século XII; ao longo dela atopamos cenobios como o de San Estevo de Ribas de Sil(hoxe Parador), Santa Cristina, San Pedro de Rocas, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Ferreira de Pantón, igrexas como as de San Paio de Diomondi, San Miguel de Eiré,…-. Neste territorio atopamos tamén dólmenes e medorras prehistóricos que evidencian un poboamento temperán, continuado con importantes pegadas de presenza romana. Os espectaculares miradoiros sobre o Canón do Sil son visita obrigada para admirar a monumentalidade da paisaxe. Nas ribeiras soleadas os viñedos descenden en socalcos ata cerca do río mentres que unha vexetación de carballos, castaños e bidueiros complementa desde a outra beira a riqueza cromática do panorama; a particularidade e dificultade desta orografía permite que na Ribeira Sacra se fale de Viticultura Heroica. Continuar leyendo »

14 Sep

GR 58 Sendeiro das Greas

GR 58 Sendeiro das Greas

GR 58 Sendeiro das Greas

ACCESOS - Por autoestrada ata o aeroporto de Vigo ou numerosos accesos ao longo do percorrido.

LONXITUDE - 247 km, incluídas as variantes. O sendeiro principal ten 206 km e as variantes GR 58.1, 58.2, 58.3 e 58.4 esténdense por 0,9, 4,2, 20,4 e 15,5 km de lonxitude respectivamente.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA - Vigo, nun punto próximo ao aero- porto e ao Recinto Feiral.

PERCORRIDO - Atravesa os termos municipais de Vigo, Reondela, Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, O Porriño, Gondomar, Baiona, Nigrán e Vigo.

DIFICULTADE - Media. Dada a lonxitude do itinera- rio é necesario realizalo por etapas, cunha boa planificación dos accesos e tramos a realizar.

DURACIÓN - 70 horas.

CONEXIÓNS - Cos PR-G 1, 2, 5, 9, 26, 67 e cos GR 53 e 94.

MATERIAL - Se se pretende realizar tramos longos, recoméndase ir ben equipado: bo calzado, botas de montaña, mochila, roupa de abrigo, alimentos enerxéti- cos e, aínda que a auga é abundante ao longo do itinerario, a cantimplora sempre chea.

SERVIZOS - En numerosas poboacións próximas ao sendeiro.

O máis longo dos sendeiros de Gran Percorrido en Galicia discorre por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Son moi numerosos os atractivos ambientais, atravesando paraxes de gran beleza onde non faltan bos exemplos de arquitectura popular como os muíños da Devesa, carballeira de Barragán, fraga e ribeiras de Couñago, foxo de lobos (antiga trampa para cazar estes animais), bosque das ribeiras do río Borbén, o río Zamáns e os muíños das Maquías, marismas do Miñor, a costa acantilada de Baiona, a fraga de Oliveira….Sen esquecerse de importantes construcións que axudan a interpretar a cultura destas terras, como o conxunto megalítico de Monte Penide e a mámoa do Rei, o castro de Chandebrito, o castelo de Soutomaior ou edificios de singular factura como os pazos de Pegullal, Aballe e Picoña, no municipio de Salceda de Caselas.

Os miradoiros desta rota descobren os mellores recunchos do sur da provincia de Pontevedra. Seguin- do o sentido das agullas do reloxo atopámonos coa enseada de San Simón, o canón do río Oitavén, o val do río Borbén, enseada de Baiona e a península de Monteferro coas illas Cíes como pano de fondo, pertencentes ao novo Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. As montañas manifestan a súa presenza nas serras do Suído, O Galiñeiro e A Groba como silen- ciosos vixilantes do camiño.

GR 58

GR 58

CARTOGRAFÍA I.G.N. 1:25.000

No 185-IV Soutomaior, 186-III Ponte- Caldelas, 223-II Redondela, 223-III Vigo, 223-IV Mos, 224-I Barcia de Mera, 260-II Baredo, 261-I Baiona, 261-II O Porriño, 261-III Cristelos e 261-IV Tui.

MÁIS INFORMACIÓN

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía da Hispanidade, 17. 36203 Vigo

Federación Galega de Montañismo Edificio das Federacións Deportivas Galegas Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, of. 10. 36209 Vigo Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407

e-mail: info@fgmontanismo.com

www.fgmontanismo.com

 

 

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados