7 Aug

Gran Talaso Hotel Sanxenxo
Paseo Praia de Silgar, 3.
36960 Sanxenxo, Pontevedra
Tel: 986 72 79 74. Fax: 986 72 79 73
talaso@hotelsanxenxo.com
www.hotelsanxenxo.com
Numero de cuartos: 44
Por se este hotel esquinado no alto da praia de Silgar e con vistas a ela dende cada cuarto non tivese xa mar abondo, no verán do 2005 fixo entrar o Atlántico mesmo dentro das súas dependencias ao inaugurar o completo spa mariño do que hoxe gozan tanto os seus hóspedes como clientes non aloxados nel. Nun ambiente de deseño que encaixa co conxunto deste hotel que se acaba de reformar e ampliar, o seu Spa aparece presidido por unha piscina de auga de mar na que se pode simplemente nadar, continuada por outra piscina tamén salgada dotada de jacuzzi, contracorrente e camas de burbullas ou colos de cisne a distinta presión e chorros subacuáticos cos que ir masaxeando cada zona do corpo. Xunto a elas, o baño turco, a sauna finlandesa, a terma romana, o pozo de auga fría, as numerosas duchas de contrastes e esencias, o seu mar morto ou Flotarium e as hamacas e cadeiras térmicas nas que repousar. Todos eles integran un circuíto no que gozar durante unhas dúas horas, quedando anexa a zona máis tranquila destinada aos tratamentos de saúde e estética, na que o cliente está sempre acompañado por algún profesional e, ao terminar unha sesión, dispón dunha estilosísima zona de repouso na que agardar polo seguinte tratamento.
EQUIPAMENTO E TÉCNICAS
Piscina exterior, unha piscina interior de auga salgada para nadar e outra con chorros, jacuzzis, colos de cisne, camas de burbullas e circuíto contracorrente; mar morto ou Flotarium, sauna finlandesa, baño turco e terma romana, pozo de auga fría, ducha blue de pulverización fría, ducha jet, ducha bitérmica con esencias, ducha de cubo e ducha de sensacións; cadeiras térmicas, bañeiras de hidromasaxe, chorro, ducha circular, ducha Vichy, envolvementos en algas e lodos, presoterapia, ultratone, ximnasio e distintos tipos de masaxes e tratamentos de estética facial e corporal. Todo iso dispoñible tanto para os hóspedes do hotel como para clientes do exterior.
PROGRAMAS
Relax, Relax e beleza, Relaxante e descontraturante, Antiestrés, Corporal e Redutor e anticelulítico, Rexuvenecemento e beleza.
ESPECIAL PARA NENOS
En temporada alta contan con gardería en determinadas horas e teñen horarios especiais para acceder ao centro de talasoterapia.
View Larger Map
SERVIZOS
Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Cambio de moeda | Discoteca | Garaxe de pagamento | Ximnasio | Internet | Minibar | Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Secador de pelo nos cuartos | Servizo de fax | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos
17 Jul

Galatea
Lugar de Paxariñas s/n.
36970 Sanxenxo, Pontevedra
Tel: 986 727 027. Fax: 986 727 833
hotelocagalatea@ocahotels.com
www.ocahotels.com
Numero de cuartos: 86
O spa deste hotel, a 250 metros da praia de Paxariñas e a apenas un paseo en coche dende Sanxenxo, Portonovo, Cambados e a Illa da Toxa, ou praias tan espectaculares coma A Lanzada, conta coa particularidade de que debe reservarse con antelación, xa que só se admiten quince persoas ao tempo para que unha maior aglomeración non impida gozar das súas instalacións. Estas, con plantas por todas as partes e moita luz natural, ademais de servizos máis convencionais, ofrecen técnicas de inspiración oriental coma as masaxes de reflexoloxía, a masaxe Tuina ou o chakra stone, ou tratamentos de estética nos que se combinan os principios activos dos produtos con técnicas de respiración, masaxe en puntos de díxitopuntura cos que relaxar o cliente e unha aplicación final de pedras de cuarzo nas zonas de tensión do rostro e o corpo. E, entre un servizo e outro, apenas uns minutos de espera na súa coqueta sala de repouso, con cadeiras de brazos de teka e o son constante dunha cortina de auga.
EQUIPAMENTO E TÉCNICAS
Piscina exterior e piscina interior climatizada con chorros cervicais e lumbares, colo de cisne e circuíto contracorrente; bañeiras de hidromasaxe e bañeira Niágara, baños con esencias ou con leite rexenerante, chorros, jacuzzi, baño de vapor con antesala e con- traste, sauna seca, envolvementos en algas, limos, derivados da uva e chocolate, solarium, ximnasio, fisioterapia, ultratone e dis- tintos tipos de masaxes e sesións de estética facial e corporal; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.
PROGRAMAS
Relax, Beleza e Especial Nature.
ESPECIAL PARA NENOS
Gardería, parque infantil e animación en determinadas temporadas.
View Larger Map
SERVIZOS
Acceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos au- diovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Área de xogos para nenos | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefac- ción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Discoteca | Garaxe de pago | Ximnasio | Gardería | Cuartos especialmente adaptados| Cuartos con salón-suites Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Pádel |Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Spa | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | Tradución simultánea | TV nos cuartos | WC accesible
19 Jun

Complexo Ons-O Grove
Situación
Entre a ría de Pontevedra e o sur da ría da Arousa. Concellos de Bueu, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, Cambados e A Illa de Arousa.
Superficie
LIC: 7.506,75 ha (das cales 5.517 ha son augas mariñas).
Acceso
Autovía do Salnés (AG-41) e estradas desde Sanxenxo (PO-308) e Vilagarcía de Arousa (PO-549) ata O Grove, esta última con desvío á ponte da Illa de Arousa.
Servizos
Aloxamento: Si. Comer: Si.
Máis información
Oficina do Parque Nacional das Illas Atlánticas (tel. 986 246 550).
Punto de Información Illa de Ons (tel. 986 687 696).
Equipamentos
Centro de Interpretación da Natureza do monte Siradella, O Grove (tel. 986 680 284). Observatorios de aves (illa de Ons e O Grove).
Outros espazos naturais relacionados / próximos:
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas
Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
14 Jun

Carlos I
Numero de cuartos: 130
Unha recepción ampla e diáfana dános a benvida a este hotel inaugurado no ano 2000 con aires de deseño que impregnan os seus estilosos cuartos e, sobre todo, o seu spa. Este está inspirado nos baños romanos, nos que se pasaba pola fase de sudación no Tepidarium, a zona de aire quente do Laconium e a área de auga quente do Caldarium, antes de finalizar nas augas frías do Frigidarium. Tanto se se elixe este percorrido clásico como algún dos moitos outros programas de estética, benestar e relax que brinda o spa, ao finalizar cada sesión o cliente pode acomodarse nas súas cadeiras térmicas e relaxarse cun zume natural ou unha infusión servida alí mesmo. Este hotel-spa, situado a apenas 50 metros da praia de Silgar e a pouco máis do porto deportivo de Sanxenxo, conta con pistas de tenis e, nas proximidades, numerosas propostas de sendeirismo, deportes náuticos e golf, ademais do aliciente da próxima illa de Ons, que xunto con Sálvora e as Cíes integran o espléndido Parque Natural das Illas Atlánticas.
Continuar leyendo »
7 Jun

Augusta Spa Resort II
Lugar de Padriñán, 23
36960 Sanxenxo, Pontevedra
Tel: 986 72 78 78.
Fax: 986 72 70 60
reservas@augustasparesort.com
www.augustasparesort.com
Numero de cuartos: 40
Este luminoso establecemento, coa súa decoración de gusto exquisito, recrea unha relaxante atmosfera zen, que se acentúa máis se cabe no seu sibarítico spa, inaugurado ao igual ca o hotel no verán de 2004. Plantada entre o céspede do Xardín aparece a súa piscina, acristalada no inverno e descuberta no verán, con chorros subacuáticos, camas de auga, cadeiras jet, linfodrenaxe, cogomelo máxico e colos de cisne para traballar as cervicais e, ao seu lado, os jacuzzis, a piscina infantil e as hamacas nas que gozar da tranquilidade que garante a situación – a 600 metros da praia e a uns 250 do centro de Sanxenxo– deste hotel no que todos os cuartos teñen capacidade para catro ou seis persoas e contan cunha pequena cociña. No interior do spa quedan as zonas de repouso, a súa espectacular sauna finlandesa – con toda unha fronte acristalada que se asoma aos viñedos–, así coma as súas sofisticadas cabinas para infinidade de tratamentos de relax e beleza; exteriores e con vistas moitas delas e ata con posibilidade de realizar algúns programas en parella.
Continuar leyendo »
29 May

Augusta Spa Resort I
Lugar de Padriñán, 25.
36960 Sanxenxo, Pontevedra
Tel: 986 72 78 78. Fax: 986 72 70 60.
Correo electrónico: reservas@augustasparesort.com
www.augustasparesort.com
Numero de cuartos: 56
A decoración cálida, acolledora e con sumo estilo deste hotel, envolto todo polo monte no alto de Sanxenxo, parece máis propia dunha casa de nivel ca dun establecemento hoteleiro. O spa, no entanto, revístese dunha atmosfera máis minimalista, con música de relaxación e aromas sutís, un ambiente xaponés nas súas salas de masaxe e de estética e, en conxunto, un contorno de liñas puras, mobles de deseño realizados en materiais nobres e unha iluminación moi conseguida que invita a recollerse, coidarse e deixarse coidar. Todo denota agarimo e bo gusto, dende a orientación das cadeiras térmicas nas que relaxarse mirando á piscina e ao ceo a través da cristaleira que as cobren, ata as hamacas de madeira tropical ou a piscina exterior, que se cobre en apenas uns minutos cuns paneis acristalados para podela seguir utilizando mesmo no inverno.
Continuar leyendo »